An Daingean: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Cidade de Irlanda |nome = Dingle |nome_nativo = An Daingean |bandeira = |escudo = |lema = |imaxe = Dingleharbour.jpg |lenda = |localiza..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2009 ás 11:07

Modelo:Cidade de Irlanda

Dingle (en irlandés, An Daingean, "o forte", ou Daingean Uí Chúis, "o forte de Cuis") é unha localidade do Condado de Kerry, na costa atlántica de Éire, a uns 50 km a Suroeste de Tralee e uns 80 km ao Noroeste de Killarney. A vila se sitúa nunha bahía natural baixo a montaña Slievanea, na Península de Dingle, co río Shannon ao Norte, e o Anel de Kerry ao Sul.

As principais industrias da zona son o turismo, a pesca e a gandeiría e a agricultura. En 2006 Dingle tiña unha poboación de 1.920 habitantes. Dingle está situada nun Gaeltacht.

Durante moito tempo Dingle foi unha vila remota, mais agora é un activo porto pesqueiro e un importante centro turístico.

Fungi, o golfiño de Dingle

Dende 1984 un golfiño frecuenta a zona do porto de Dingle. Se lle dou o nome dos fungos, e agora é unha atracción para os visitantes. Este golfiño parece preferir o contacto humán fronte ao da súa propia especie. Calcúlase que naceu contra mediados da década de 1970, cunha esperanza de vida de 25 anos para a súa especie. Ten adicada unha escultura en bronce en Dingle.

Lugares de interese

 
John Street, Dingle

A igrexa neogótica de Dingle, St.Mary's construída segundo o proxecto de J. J. McCarthy e O'Connell. A primeira pedra foi colocada en 1862.

Hai moitas posibilidades de escoitar música tradicional irlandesa na vila, especialmente no Verán, na tempada de turismo. Ten tantos pubs coma restaurantes e cafés. Tamén hai un acuario na vila e bo número de tendas de artesanía.

 
St.Mary