Gwallog ap Llaennog: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de outubro de 2009 ás 23:16

Gwallog ap Llaennog (as variadas ortografías do galés medio inclúen Gwallawc fab Lleynawc ; galés standard: Gwallog ap Llëenog ou Llëynog) foi un heroe do Hen Ogledd e probábel re ino se´culo VI do estado posromano de Elmet na zona de Leeds do moderno Yorkshire.

Uniuse a un grupo de reis britóns, que inclúe a Urien Rheged, Rhydderch Hael e Morgant Bwlch de Bryneich, nun intento de vencer aos anglos de Bernicia. Este esforzo fracasou despois da morte de Urien a mans de Llofan Llaf Difo.

Outra tradición asegura que Gwallog máis adiante lle fixera a guerra ao antigo reino de Urien (Rheged) xunto con Dunod Fawr dos Peninos, atacando aos fillos de Urien.

Nalgunhas fontes danlle a Gwallog o epíteto de Marchog Trin, que significa "xinete de batalla". Se a identificación como rei de Elmet for correcta, o seu sucesor seríao seu fillo Ceredig, o derradeiro rei de Elmet, ao que depuxo Edwin de Deira.