Diferenzas entre revisións de «Panceltismo»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Ca chegada do [[século XIX]] o que viña sendo un movemento literario convertese nun movemento político, social e cultural; tinguido todo el do carácter [[romántico]] propio deste século.
 
No ano publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, nomeadamente, o Mabinogion (Charlotte Guest, 1838-1849), o Barzaz Breiz e Os Bardos bretóns do século VI (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En 1854 Ernest Renan publicou A Poesía das razas celtas, un estudo moi influente e en 1865-6 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en Oxford que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.
 
Durante o XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como Thomas Love Peacock, Tennyson e Gerard Manley Hopkins. En Escocia destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso na Irlanda con autores como W. B. Yeats, "AE" (pseudónimo de George William Russell, Oliver St John Gogarty, Sean O'Casey e James Stephens. En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta".
213

edicións