Panceltismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 12:
===O ''Rexurdimento Celta'', a semente do celtismo===
 
No ano [[1746]] prodúcese derrota dos [[xacobitas]] (reclutados principalmente nas [[terras altas]] de [[Escocia]]) na [[Batalla de Culloden]]. Este é o punto de inflexión para o nacemento do que se deu en coñecer como [['''Rexurdimento Celta''']].
 
No ano [[1762]] [[James Macpherson]] publica ''Fragmentos de poesía antiga recollidos nas [[Terras Altas]] de [[Escocia]], e traducidas do [[Gaélico]] ou Erse'' (''Fragments of Ancient Poetry Collected in the Highlands of Scotland, and Translated from the Gaelic or Erse Language''). En [[1762]] saca do prelo ''Fingal'' e en [[1763]] ''Temora''. Estas duas obras foran invencións que de supostas traducións dos [[poema épico|poemas épicos]] en [[gaélico]] dun poeta chamado [[Ossian]].
Liña 21:
 
===O celtismo no romanticismo do século XIX e os seus primeiros pasos===
{{esbozo}}
 
No século XIX publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, nomeadamente, o Mabinogion (Charlotte Guest, 1838-1849), o Barzaz Breiz e Os Bardos bretóns do século VI (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En 1854 Ernest Renan publicou A Poesía das razas celtas, un estudo moi influente e en 1865-6 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en Oxford que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.