Diferenzas entre revisións de «Panceltismo»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
==Historia==
O '''Celtismo''' comeza a tomar forma a mediados do [[século XVII]] co nacemento dun movemento literario coñecido coma [[Rexurdimento celta]] que chegou a extenderse por boa parte de [[Europa]].
 
Este movemento cultural vai mudando co decorrer do tempo e as situacións sociopolíticas de [[Europa]] pervivindo en maior ou menor grao ata os días de hoxe.
 
 
===O ''Rexurdimento Celta'', a semente do celtismo===
 
No ano [[1746]] prodúcese derrota dos [[xacobitas]] (reclutados principalmente nas [[terras altas]] de [[Escocia]]) na [[Batalla de Culloden]]. Este é o punto de inflexión para o nacemento do que se deu en coñecer como '''Rexurdimento Celta'''.
 
No ano [[1762]] [[James Macpherson]] publica ''Fragmentos de poesía antiga recollidos nas [[Terras Altas]] de [[Escocia]], e traducidas do [[Gaélico]] ou Erse'' (''Fragments of Ancient Poetry Collected in the Highlands of Scotland, and Translated from the Gaelic or Erse Language''). En [[1762]] saca do prelo ''Fingal'' e en [[1763]] ''Temora''. Estas duas obras foran invencións que de supostas traducións dos [[poema épico|poemas épicos]] en [[gaélico]] dun poeta chamado [[Ossian]].
 
Non tardan en sumarse [[poeta|poetas]] das que hoxe se se coñecen como [[nacions''Nacións celtas'']]. Un claro exemplo son as obras de poesía [[gales|galesa]] publicadas por [[Ieuan Brydydd]] en [[1764]]; tamén cultiva este [[xénero literário]] o inglés [[Thomas Gray]] aportando obras como [[''Elexía sobre un cemíterio de aldea'']] e [[''O bardo'']].
 
 
 
===O celtismo no romanticismo do século XIX e os seus primeiros pasos===
 
No século XIX publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, nomeadamente, o Mabinogion (Charlotte Guest, 1838-1849), o Barzaz Breiz e Os Bardos bretóns do século VI (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En 1854 Ernest Renan publicou A Poesía das razas celtas, un estudo moi influente e en 1865-6 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en Oxford que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.
213

edicións