Elmet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 11:
Elmet semella ter ligazóns con [[Gales]]; unha antiga inscrición cristiá atopada en [[Gwynedd]] di "ALIOTVS ELMETIACOS HIC IACET", ou "Aliortus o Elmetiense xace aquí". Un ''[[cantref]]'' (división administrativa) de [[Dyfed]] chamábase tamén ''Elfed'', o equivalente [[lingua galesa|galés]] de Elmet. Nas fontes galesas recórdanse un número de reis de Elmet. Un dos poemas de [[Taliesin]] é para [[Gwallog ap Llaennog]], que gobernou o reino cara finais do [[século VI]].
 
A finais do século VI Elmet comezou a sufrir unha crecente presión polos expansionistas [[heptarquía|reinos anglosaxóns]] de Deira e Mercia. Forzas de Elmet uníronse á desafortunada alianza de [[590]] contra os [[anglos]] de [[Bernicia]] que fixeran frecuentes incursións masivas cara o norte. Pénsase que durante esta guerra o rei Gwallog de Elmet morreu asasinado. A alianza setentrional derrúbase tras a morte de [[Urien Rheged]] e xurdiu un enfrontamento entre dous dos seus principais integrantes. Semella que despois disto e da subsecuente unificación do reino anglo de [[Northumbria]], Elmet se viu obrigadosobrigado a construír unha serie de diques defensivos ao norte e oeste de [[Barwick-in-Elmet]] nun intento aparente de se faceren cunha liña de defensa extra para a fortaleza do rei – os seus restos pódense ver aínda nesta aldea.
 
Os de Northumbria invadiron e devastaron en [[616]]. Non se sabe que foi o que realmente desencadeou a invasión pero tense suxerido que o [[casus belli]] foia morte por envelenamento don obre northumbrio Hereric, que era un membro exiliado da cas areal northumbria que residía en Elmet. Puido ser que Hereric fose envelenado polos seus anfitrións e Edwin de Northumbria invadise por vinganza; o use cadra o mesmo Edwin envelenou a Hereric e invadiu Elmet para castigar a Ceredig ap Gwallog por telo cobixado.