Declaración de Arbroath: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m →‎O documento: un infinitivo conxugado que penso que acae ben
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:DeclaracionArbroath.JPG|right|thumb|350px|Representación actual do acto de sinatura da Declaración de Arbroath, celebrada en [[Stirling]].]]
A '''Declaración de Arbroath''' foi unha declaración de [[independencia]] do [[Reino de Escocia]], asinada o [[6 de abril]] de [[1320]] en [[Arbroath]] por 51 señores feudais. A declaración consistiu nunha carta enviada ao papa [[Xoán XXII, papa|Xoán XXII]], onde lle solitaban ao pontífice que recoñecese a [[soberanía]] de [[Roberto I de Escocia]] sobre o territorio escocés. A Declaración, que aínda se conserva hoxe, é unha das tres misivas que debeu recibir o papa, canda unha do [[Igrexa católica|clero]] e outra do propio monarca escocés.
[[Ficheiro:Robert the Bruce.jpg|right|thumb|Estatua de [[Roberto I de Escocia]].]]
 
==Contexto==
Logo das guerras que enfrontaron a escoceses e ingleses a comezos do [[século XIV]], e que remataran coa vitoria das tropas comandadas por [[Roberto I de Escocia]], o monarca inglés [[Eduardo I de Inglaterra|Eduardo I]] seguía a facer incursións e ataques sobre o terreo dominado por Roberto I. Este decide acudir ás instancias internacionais á busca de recoñecemento, e diríxese ao [[Papa]] de [[Roma]].
[[Ficheiro:Declaration of arbroath.jpg|thumb|right|Reprodución da Declaración de Arbroath (1320).]]
 
==O documento==
A Declaración de Arbroath foi escrita en [[lingua latina|latín]] da man, crese, do [[bispo]] [[Alexander Kininmund]] e do [[abade]] [[Bernard de Linton]], da [[abadía de Arbroath]], que era o [[chanceler de Escocia]] no tempo. Na data da declaración, o [[6 de abril]] de [[1320]], non se produciu ningunha xuntanza de nobres para debateren os contidos. O seu contido fora xa decidido nunha asemblea previa, na [[abadía de Newbattle]], no mes de marzo. Os selos dos oito [[duque]]s e dos outros 41 nobres escoceses fóronselle engadindo ao documento nas seguintes semanas, ou mesmo meses. Posteriormente, con todos os seus selos, a declaración enviouse á corte do papa, en [[Avignon]].
Liña 11 ⟶ 13:
 
A copia orixinal, así como as outras dúas cartas que deberon acompañar a esta (a do clero e a do propio monarca Roberto I), perdéronse, pero unha copia desta gárdase aínda no [[Arquivo Nacional de Escocia]], en [[Edimburgo]].
[[Ficheiro:National Archives of Scotland.jpg|thumb|right|Arquivo Nacional de Escocia.]]
 
==Interpretación==
Liña 19 ⟶ 21:
 
==Influencia==
A retórica da Declaración de Arbroath foi ben coñecida, tanto en Escocia como fóra, e hai quen asegura que puido inspirar o texto da [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos]]<ref>
<ref>
{{Cita Web
|url= http://www.bbc.co.uk/history/scottishhistory/independence/features_independence_arbroath.shtml
|título= The Declaration of Arbroath, 1320. BBC - History - Scottish History
|dataacceso= 16.09.2009
|editor= BBC
|lingua= [[Lingua inglesa|en inglés]]
}}
</ref>. Tamén se manteñen os debates interpretativos sobre a relevancia do documento no que respecta o protodemocrático dereito do pobo de escoller o seu rei, ou de se se trata unicamente dun comaquén cunha única finalidade propagandística e que tivo o monarca e o abade Bernard como impulsores.
Liña 35 ⟶ 36:
 
==Notas==
{{Listaref}}
<references/>
 
==Véxase tamén==