Declaración de Arbroath: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m axustes
Toliño (conversa | contribucións)
m →‎O documento: un infinitivo conxugado que penso que acae ben
Liña 6:
[[Ficheiro:Declaration of arbroath.jpg|thumb|right|Reprodución da Declaración de Arbroath (1320)]]
==O documento==
A Declaración de Arbroath foi escrita en [[lingua latina|latín]] da man, crese, do [[bispo]] [[Alexander Kininmund]] e do [[abade]] [[Bernard de Linton]], da [[abadía de Arbroath]], que era o [[chanceler de Escocia]] no tempo. Na data da declaración, o [[6 de abril]] de [[1320]], non se produciu ningunha xuntanza de nobres para debaterdebateren os contidos. O seu contido fora xa decidido nunha asemblea previa, na [[abadía de Newbattle]], no mes de marzo. Os selos dos oito [[duque]]s e dos outros 41 nobres escoceses fóronselle engadindo ao documento nas seguintes semanas, ou mesmo meses. Posteriormente, con todos os seus selos, a declaración enviouse á corte do papa, en [[Avignon]].
[[Ficheiro:Arbroath_Abbey2.jpg|thumb|right|Abadía de Arbroath]]
Non está comprobado nin o posicionamento do papa perante o documento, nin que o seu posicionamento tivese influencia no monarca inglés. En todo caso, o [[1 de marzo]] de [[1328]] o rei inglés [[Eduardo III de Inglaterra|Eduardo III]] asinou o [[tratado de Northampton]] que lle puña remate aos conflitos con [[Escocia]] e onde renunciaba a calquera reclamación de territorio escocés.
Liña 12:
A copia orixinal, así como as outras dúas cartas que deberon acompañar a esta (a do clero e a do propio monarca Roberto I), perdéronse, pero unha copia desta gárdase aínda no [[Arquivo Nacional de Escocia]], en [[Edimburgo]].
[[Ficheiro:National Archives of Scotland.jpg|thumb|right|Arquivo Nacional de Escocia]]
 
==Interpretación==
A Declaración contén algúns aspectos historicamente importantes. Por exemplo, fai referencia a Escocia como un reino que sempre foi independente (máis incluso cá propia [[Inglaterra]]), menciona os "inxustos" ataques do rei inglés e as súas atrocidades, recoñece a Roberto I como o líder na defensa de Escocia, e particularmente, que a independencia de Escocia é un dereito dos escoceses, máis ca un dereito do rei de Escocia, é dicir, outórgalle á nobreza a capacidade de rexeitar o rei e nomear outro se este actúa contra a soberanía de Escocia.