Contido eliminado Contido engadido
explicación de borrado e marcaxe de imaxes
Liña 15:
 
Como comprenderás os artigos non teñen un autor. Son simplemente da Galipedia. Amais, mesmo se o propio Shakespeare quixera explicar que o levou a dar tales ou cales atributos a Hamlet, non podería facelo doutro xeito máis que remitíndose a fontes constrastábeis de críticos ou de textos que el mesmo teña escrito. É dicir, por moito que saibas, se iso non se pode comprobar, para a Galipedia non vale como fonte. As referencias 2 e 3 pois máis ou menos o mesmo. Non abonda con que digas estes señor di isto, senón que cómpre que especifiques onde exactamente. Ao principio resulta complicado isto das referencias, pero verás que non ten moita ciencia. A pouco que un se saiba mover sempre termina atopando. Pois nada, o dito: dálle un repaso á lingua e a seguir contribuíndo, que se che agradece. Aburiño. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 22:34, 28 setembro 2009 (UTC)
 
==Borrado de imaxe==
Ola, Xeol. A imaxe que subiches co tartán galego foi borrada. É unha imaxe que sacaches dunha web, e que, ao non indicarse outra cousa, está suxeita a copyright. Non se pode publicar material con copyright na wikipedia. Se tes calquera dúbida sobre esta cuestión, non dubides en consultarmo a min ou a outros editores da Wikipedia. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <sup>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Conversa ]]</sup> 07:11, 29 setembro 2009 (UTC)
 
==Problemas cunha iamxe==
Por outra parte, a bandeira que sinalaches como da Terra Eo-Navia non está referenciada, nuin a súa orixe, nin o seu uso para ese territorio. Polo tanto, procedín a retirala do artigo e a propor unha votación do seu borrado. Se tes referencias sobre esta cuestión, prégoche que as achegues. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <sup>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Conversa ]]</sup> 07:11, 29 setembro 2009 (UTC)