Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Xeol'oartabro»

m
 
*Benvido á Galipedia Xeol'oartabro. Con respecto ao marcador <nowiki>{{Atención}}</nowiki> o procedemento na Galipedia é que debes esperar a que o colaborador que colocou dito marcador verifique que efectivamente se correxiron os problemas que obrigaron a poñer o aviso no artigo. É un procedemento incorrecto que retires o marcador ti mesmo, por ese motivo vouno recuperar por segunda vez. Non debes interpretar ese xeito de actuar como unha desvaloración da túa colaboración, trátase dun modo de proceder para garantir que se cumpren os requisitos para a publicación de artigos na Wikipedia. Por outra banda, un dos principios fundadores da Wikipedia é que non é fonte primaria (digoo pola frase ''"O autor deste artigo fixo un traballo de campo in situ"''), iso significa que non se poden publicar investigacións propias senón datos referenciados en fontes externas. Para calquera dúbida non tes máis que preguntar nunha das páxinas de conversa. Grazas. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 22:15, 28 setembro 2009 (UTC)
 
==referencias==
Boa noite de novo, Xeol. Vouche comentar unhas cousiñas sobre a forma de referenciar. Por exemplo: ti puxeches como referencias estas:
# O autor deste artigo fixo un traballo de campo in situ
# Antón Pena Graña; Arqueólogo
# Guía dos castros de Galicia-- Ed. do Cumio
 
Como comprenderás os artigos non teñen un autor. Son simplemente da Galipedia. Amais, mesmo se o propio Shakespeare quixera explicar que o levou a dar tales ou cales atributos a Hamlet, non podería facelo doutro xeito máis que remitíndose a fontes constrastábeis de críticos ou de textos que el mesmo teña escrito. É dicir, por moito que saibas, se iso non se pode comprobar, para a Galipedia non vale como fonte. As referencias 2 e 3 pois máis ou menos o mesmo. Non abonda con que digas estes señor di isto, senón que cómpre que especifiques onde exactamente. Ao principio resulta complicado isto das referencias, pero verás que non ten moita ciencia. A pouco que un se saiba mover sempre termina atopando. Pois nada, o dito: dálle un repaso á lingua e a seguir contribuíndo, que se che agradece. Aburiño. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 22:34, 28 setembro 2009 (UTC)
44.784

edicións