Sociedade Xeral de Autores e Editores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
"perxuízo" a "prexuízo"
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substuír 'obxeto' por 'obxecto'
Liña 26:
En [[xuño de 2004]], en colaboración con [[Vale Music]], a SGAE puxo á venda un disco composto por 14 cancións de grupos noveis chamado ''No a la Piratería''. Creouse unha gran polémica ao redor deste disco debido a que na súa contraportada había unha mensaxe en contra da piratería e o ''top manta'', o cal posuía un claro carácter [[xenofobia|xenófobo]]. Debido a presións e denuncias de varias [[ONG]] (como [[SOS Racismo]]) e [[Asociación de consumidores|asociacións de consumidores]] (como FACUA, a [[Federación de Consumidores en Acción]]), a SGAE intentou retirar o disco do mercado e desvencellarse do mesmo, mentras que [[Vale Music]] recoñeceu que os contidos que aparecían na contraportada eran "pouco adecuados".
 
Mostra da impopularidade da SGAE é que foi obxetoobxecto de dúas ''[[Google bomb]]'', coa palabra "''Ladrones''" e coa expresión "''Siempre Ganamos Algunos Euros''". [[Teddy Bautista]] acusou de "[[fascismo]]" a [[Google]] por este feito.
 
A SGAE demandou a varios sitios webs en defensa da súa honra o que provocou certas campañas internautas en contra da súa entidade. A [[Asociación de Internautas]] foi condeada a pagar unha indemnización de 36000 [[euro]]s por aloxar o sitio web ''putasgae''. O responsábel da [[Frikipedia]] foi tamén denunciado en [[2006]] por insultos nunha definición satírica que o sitio (a Frikipedia) tiña sobre a SGAE. Segundo [[Pedro Farré]], un dos responsábeis da SGAE, esta iniciativa non foi un feito aislado senon que se denunciaría a toda web que albergue contido difamatorio contra a organización, fora incluido ou non polo responsábel da páxina ou portal en cuestión.