Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: substituír 'estructura' por 'estrutura'
==Contido dos arquivos==
 
No que concirne ao [[sistema operativo]], un arquivo é, na maioría dos casos, simplemente un fluxo unidimensional de [[byte]]s (números enteiros no intervalo de 0 a 255), que é tratado polo sistema operativo como unha única unidade lóxica. Un arquivo de datos informático normalmente ten un tamaño, que xeralmente se expresa en ''[[byte]]s''; en todos os sistemas operativos modernos, o tamaño pode ser calquera número enteiro non negativo de bytes ata un máximo dependente do sistema. Depende do software que se executa na computadora o interpretar esta simplísima estructuraestrutura básica por exemplo un programa, un texto ou unha imaxe, baseándose no seu nome e contido. Os tipos especiais de arquivos, como os nodos de dispositivo que representan simbolicamente partes do hardware, non consisten nun fluxo de bytes e non teñen tamaño de arquivo.
 
A información dun arquivo informático normalmente consiste de paquetes máis pequenos de información (a miúdo chamados ''rexistros'' ou ''liñas'') que son individualmente diferentes pero que comparten algún trazo en común. Por exemplo, un arquivo de nóminas pode conter información sobre todos os empregados dunha empresa e os detalles da súa nómina; cada rexistro do arquivo de nóminas refírese unicamente a un empregado, e todos os rexistros teñen a característica común de estar relacionados coas nóminas-isto é moi similar a colocar toda a información sobre nóminas nun arquivador concreto nunha oficina que non teña ningunha computadora. Un [[arquivo de texto]] pode conter liñas de texto, correspondentes a liñas impresas nunha folla de papel.
 
O xeito en que se agrupa a información nun arquivo depende completamente da persoa que deseñe o arquivo. Isto conduciu a unha plétora de estructurasestruturas de arquivo máis ou menos estandarizadas para todos os propósitos imaxinables, desde os máis simples aos máis complexos. A maioría dos arquivos informáticos son usados por [[Programa (computación)|programas de computadora]]. Estes programas crean, modifican e borran arquivos para o seu propio uso baixo demanda. Os programadores que crean os programas deciden que arquivos necesitan, como se van a usar, e (a miúdo) os seus nomes.
 
Nalgúns casos, os programas de computadora manipulan os arquivos que se fan visibles ao usuario da computadora. Por exemplo, nun programa de procesamento de texto, o usuario manipula arquivos-documentos aos que el mesmo dá nome. O contido do arquivo-documento está organizado dun xeito que o programa de procesamento de texto entende, pero o usuario elixe o nome e a localización do arquivo, e proporciona a información (como palabras e texto) que se almacenará no arquivo.
44.135

edicións