Lingua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
+ligazón
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'estructura' por 'estrutura'
Liña 20:
* ''Normalización lingüística''. Este proceso consiste na recuperación de usos e funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación. Normalizar consiste en definir e aplicar un conxunto de medidas de tipo político, xurídico, social e lingüístico, que teñen como finalidade a restitución da lingua en todos os ámbitos para que teña un desenvolvemento normal como medio de comunicación dentro da súa propia comunidade de falantes.
 
Existen casos en que se produce unha simple coexistencia entre dous grupos lingüísticos, polo que non se manifesta o conflito. Isto ocorre cando a desigualdade lingüística vai acompañada dunha estructuraestrutura social “pechada”.
 
A lingua constitúe nesta sociedade un elemento de distinción de clase, un “status simbol”, un indicador simbólico da posición social. Deste xeito os falantes da lingua dominante non teñen ningún problema para desenvolver a súa vida sen necesidade de recorrer á lingua dominada, mentres que os falantes da lingua dominada ven restrinxido o seu desenvolvemento social. Desde a perspectiva dos individuos que queren ascender socialmente a resposta a esta situación é a asimilación, ou sexa a perda da propia identidade cultural e lingüística.