Nova Siberia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: no:Novaja Sibir
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: uk:Новий Сибір; cambios estética
Liña 40:
Administrativamente, a illa, como o resto do arquipélago, pertence á [[República de Sakha]] (Yakutia) da [[Federación Rusa]].
 
== Xeografía ==
A illa de Nova Siberia é a máis oriental das [[illas Anzhu]], o subgrupo norte das [[illas de Nova Siberia]]. A súa área, aproximadamente 6.200 km², sitúaa case entre as 100 illas illas máis grandes no mundo (a 102ª), sendo a 9ª de Rusia. A illa de Nova Siberia é de baixa altitude, chegando a só 76 metros, está cuberta por unha vexetación de tipo [[tundra]] e está totalmente deshabitada.
 
A illa máis próxima é a [[illas Kotelny/Faddeyevsky#illa de Faddeyevsky|illa de Faddeyevsky]], a uns 25 km en dirección oeste.
 
== Historia ==
Yakov Sannikov foi o primeiro europeo do que se teñen noticias que puxo pé na illa de Nova Siberia en 1806. Descubriu a illa durante unha das varias expedicións de caza financiadas polos comerciantes, Semen e Lev Syrovatskiy.
 
== Vexetación ==
Xuncos, herbas, e tundra de criptógamas cobren a illa de Nova Siberia. É unha tundra na súa maioría de pastos de moi baixo crecemento de xuncos, brións, líquenes e plantas hepáticas. Estas plantas, cobren, na súa maioría ou en parte, completamente a superficie do chan, xeralmente húmido, de gran fino e, a miúdo, montículado («Hummocky»).
 
[[Ficheiro:NEWSIB2NS.png|thumb|250px]]
 
== Xeoloxía ==
 
A illa de Nova Siberia consiste nun rango de [[sedimento]]s clásticos que van de finais do [[Cretácico]] ao [[Pleistoceno]]. Os sedimentos do Cretácico consisten en gran medida en capas encartadas de areas de toba volcánica grises e verdosas, cienos de toba, areas de coios, e capas de [[lignito]] expostas nos cantiis mariños ao longo da costa suroeste. As areas e limos conteñen a miúdo tanto [[vidro volcánico]], plantas fosilizadas, gravas miúdas de [[riolita]], ou algunha combinación deles. A area do [[Eoceno]], o limo, a [[arxila]] e o lignito, se superponen a unha non erosionada desconformidade cortada nos sedimentos do Cretácico . En pártea noroeste da illa, estes sedimentos graduan en arxilas que conteñen fragmentos de [[bivalvos]] mariños. Directamente cubrindo os sedimentos do Eoceno e outras discontinuidades erosionadas, están as areas do [[Oligoceno]] e primeiro [[Mioceno]]. Conteñen delgados leitos de limo, barro, arxila e coios. Estas areas tamén conteñen fósiles de plantas e [[diatomea]]s pantanosas, lagunares e lacustres. Estas areas están cubertas por sedimentos do [[Plioceno]] que consisten en capas de area, limo, barro, [[turba]], e coios.
Liña 76:
[[sah:Саҥа Сибиир арыы]]
[[sv:Novaja Sibir-ön]]
[[uk:НоваНовий Сибір]]