Diferenzas entre revisións de «Richard Réti»

m
sen resumo de edición
m
'''Richard Réti''' ([[28 de maio]] de [[1889]], [[Pezinok]] (agora [[Eslovaquia]]) — [[6 de xuño]] de [[1929]], [[Praga - Praha|Praga]]) foi un xogador de [[xadrez]] [[Checoslovaquia|checoslovaco]], aínda que naceu en Pezinok, nese entón pertencente a [[Hungría]].
 
Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Reti tiña un gran sentido do humor e sempre estaba sorrindo, excepto cando vía algún automóbil porque oslles tiña un gran pavor.
 
Un dos máis grandes xogadores do mundo durante os [[anos 1910|anos 10]] e os [[anos 1920|anos 20]], Réti comezou a súa carreira como xogador clásico ferozmente combinativo, favorecendo [[apertura (xadrez)|aperturas]] tallestales como o ''[[Gambito de rei]]'' (1. e4 e5 2. f4). Con todo despois do final da [[primeira guerra mundial]], o seu estilo experimentou un cambio radical, e converteuse nun dos autores principais do [[hipermodernismo (xadrez)|hipermodernismo]], xunto con [[Aron Nimzowitsch]] e outros. De feito, coa excepción notable do aclamado libro de Nimzowitsch ''O meu sistema'', é considerado como o maior contribuínte literario do movemento.
 
A [[Apertura Reti]] (1. ♘f3 d5 2. c4), coa cal derrotou ao entón campión do mundo [[José Raúl Capablanca]] en [[Nova York]] 1924 —a primeira derrota de Capablanca en oito anos e a primeira logo do título— é nomeada na súa honra. [[Savielly Tartakower|Tartakower]] denominou a esta [[Apertura de xadrez|apertura]] como "a apertura do porvir".
575

edicións