Duque: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sq:Hercogu
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: th:ดยุค; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Erlauchtkrone.jpg|thumb|right|160px|Coroa de duque.]]
'''Duque''' é un dos [[títulos nobiliarios]] europeos con que os [[monarca|monarcas]]s amosan a súa gratitude a certas persoas. A súa forma feminina é duquesa. O [[señorío]] dun duque recibe o nome de ducado. Sóeselle conceder a fillos da realeza que non son herdeiros. Este título, en [[España]], leva ligada a dignidade de [[Grande de España]].
 
== Orixe ==
 
O título ten a súa orixe nos cargos [[Imperio Romano|tardorromanos]] e [[Imperio Bizantino|bizantinos]] do latín '''Dux''', plural "'''duce'''" (a pronuncia no latín clásico, de c por ch, da como resultado a verba duche). En latín clásico, '''Dux''' denotaba o rango militar de [[Xeneral]] (palabra que, á súa vez, deriva a súa semántica probablemente do infinitivo ''"duco": guiar desde a fronte'', en oposición a ''"ago": guiar desde atrás'', de xeito que "o que guía desde a fronte" denotaría orixinalmente a un guía militar ou caudillo).
 
Eventualmente, a raíz da práctica de conceder terras aos xenerais victoriosos, dito título utilizouse coma unha referencia nobiliaria que designa a un membro da clase alta. Durante séculos usaríase esa mesma forma latina en [[Venecia]], para designar ao xefe da [[República Adriática]].
Liña 14:
No [[século XIX]], coa abolición dos [[dereitos señoriais]] perderon a súa autoridade e poder, aínda que en moitos países conservouse o título por herdanza de forma honorífica e ás veces a súa riqueza e influenza.
 
== Uso actual ==
 
Hoxe en día, como calquera outro [[título nobiliario]], non ten máis valor ca o simbólico.
 
== Curiosidades ==
 
O apelativo "Il [[Duce]]" utilizado polo dictador [[Benito Mussolini]] é unha derivación da voz Dux/duce. O equivalente xermano “Der Führer” (o guía, o líder) é unha tradución do mesmo termo. "El [[caudillo]]", título que se concedeu a si mesmo o xeneral [[Francisco Franco]] (se ben provinte do latín ''capitellum'') é unha equivalencia destes termos, todos eles orixinados no concepto Dux (duque) “o que guía desde a fronte”
 
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
*[[Arquiduque]]
*[[Conde-Duque]]
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.protocolo.org/gest_web/proto_Seccion.pl?rfID=282 Títulos nobiliarios (en castelán)]
Liña 72:
[[sq:Hercogu]]
[[sv:Hertig]]
[[th:ดยุค]]
[[tr:Dük]]
[[uk:Герцог]]