Illas Tanimbar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 42:
As '''Tanimbar''' (ou '''''Timor Laut''''') son un grupo de 66<ref>Susan McKinnon ''From a Shattered Sun: Hierarchy, Gender, and Alliance in the Tanimbar Islands'', 1991, ISBN 0299131548, páxina 4</ref> illas pertencentes a [[Indonesia]], dentro da provincia das [[Molucas]].
 
De 5.500 km² e uns 60.000 habitantes, atópanse entre [[Timor]] e [[Illa de Nova Guinea|Nova Guinea]]. A illa principal é '''Yamdena''', de 2.900 km², onde se atopa '''Saumlaki''', a localidade máis importante; outras das maiores illas son [[Selaru]] e [[Larat]]. Nelas cultívanse [[millo]], [[arroz]], [[batata]], [[manga, (planta)|manga]] e [[papaia]]. Tamén hai pesca de [[nácarnácara]] e [[Holothuroidea|trepang]].
 
Como o resto de illas orientais indonesias, as Tanimbar pertencen a área da [[Liña de Wallace]] (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica [[biodiversidade]], ao ser illas situadas entre o Sueste asiático e [[Oceanía]]. Atópanse especies como a rara [[cacatúa de Tanimbar]] (''Cacatua goffini''), a [[curuxa de Tanimbar]] (''Tyto sororcula'') ou o ''Tiliqua Scincoides chimaerea''.