Casco de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: trocar 'Alemania' por 'Alemaña'
Liña 11:
A peza presenta decoración en toda a súa superficie, feita mediante a técnica do [[repuxado]]. Os motivos, bolos, dispóñense en bandas horizontais separadas por grupos de tres baquetóns paralelos (ata seis bandas) que desaparecen no remate. Presenta bolos simples e bolos rodeados de catro baquetóns circulares concéntricos enmarcados entre catro boliños. En algúns depósitos europeos da Idade do Bronce Final, como por exemplo o de Generalard en Francia, se conservan os punzóns de matriz complexa con que foron obtidos este tipo de decoracións. Estes punzóns complexos, en ocasións cunha parte en positivo e outra en negativo, están normalmente feitos en bronce pola técnica de fundición á cera perdida, polo que se considera propio da ourivería do Bronce Final, e máis concretamente, do ámbito tecnolóxico denominado ''Villena-Estremoz''. De momento non coñecemos obxectos deste tipo no ámbito da Península Ibérica.
 
En toda Europa hai referentes do emprego deste tipo de obxectos, algúns como sombreiros (por exemplo os conos de Avanton en Francia, ou Ezelsdorf ou Berlín en AlemaniaAlemaña) e outros como cuncas ou vaixelas (como Villena ou os paralelos Irlandeses). En todo caso, debe ser considerado pola súa singularidade, como un obxecto ritual.
 
==Véxase tamén==