Wikipedia:Guía/Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
Calquera persoa pode contribuír na Wikipedia, e pode elixir se rexistrarse ou non. Porén, se posúes un nome de usuario rexistrado poderás acceder a máis funcionalidades do wiki. Estes son algúns dos motivos:
 
Ao crear unha conta de usuario terás máis opcións de edición, ademais de [[Wikipedia:Preferencias de usuario|preferencias de usuario]]. Unha característica práctica é a lista de vixilancia, que fai máis doado o seguimento dos cambios feitos en páxinas que che interesan. Outra é a capacidade de [[Wikipedia:Como trocar o nome dunha páxina|mover ou renomear unha páxina]] (non movarmovas páxinas copiando e pegando os contidos dado que o historial de revisións non se conservará; no canto diso, pide axuda doutro usuario [[Wikipedia:A Taberna (axuda)|na Taberna]]).
 
Un usuario non rexistrado identifícase polo [[enderezo IP]] do seu computador, sendo este o identificador público que se gardará se realiza calquera contribución (e ao asinar os comentarios). O teu enderezo IP pódese usar para atopar información sobre ti, polo que o rexistro ''incrementa'' a protección dos teus datos persoais agochándoos. Ademais, debido a que os enderezos IP cambian a miúdo, os usuarios non rexistrados téñeno máis difícil para gañar respecto e recoñecemento por parte dos demais usuarios. Isto implica unha maior dificultade para continuar conversas con eles xa que tamén varía a súa [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]].