Ángel Amor Ruibal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Ángel María José Amor Ruibal''', nado en [[Barro]] o [[11 de marzo]] de [[1869]] e morto o [[4 de novembro]] de [[1930]], foi un destacado pensador [[galego]].
 
Malia as múltiplas preocupacións e unha precaria saúde, logrou unha estensa produción apoiada na súa enorme erudición novecentista, abranguendo a [[lingüística]], a [[historia]], a [[canonística]] teórica e práctica, a [[teoloxía]] e sobre todo a [[filosofía]]. Contando cunha prodixiosa memoria, a súa tenacidade superou a dificultade que existía no afastamento de Santiago respecto dos centros culturais e do ambiente cultural en xeral, sobre todo para a xente que rodeaba a Amor Ruibal.
 
==VidaTraxectoria==
A pesar dos seus éxitos posteriores, non comezou os estudos con bo pé: suspenso no acceso ó Seminario en xuño e setembro de [[1879]] e na convocatoria extraordinaria de setembro de [[1880]], probablemente non se deban en realidade á ignorancia, senón ó desacordo co ambiente intelectual romano e ós ataques contra o cardeal Billot, paladín da restauración escolástica. Iso si, máis logo comezan os "benemeritus" (notables) entre [[1880]] e [[1882]] e sobe ós "meritissimus" a partir de entón (agás o derradeiro suspenso en [[Dereito romano]] en [[1886]]). Os seus estudos comezaran en Herbón (tres cursos de [[1880]] a [[1884]]) e só logo foi ó Seminario central de Santiago: alí permanece ata completar [[Teoloxía]], [[Filosofía]] e [[Canon]]s, ben complementado con humanidades e ciencias. O exame de grao para o título de Doutor en Teoloxía tivo por tema "Deus é inmenso e eterno" e realizouno en latín con citas hebreas e gregas. Á parte do currículo oficial sempre cultivou a investigación filolóxica.
 
Liña 14:
 
Dende párrocos ata o propio cardeal [[Tedeschini]], fixéronlle consultas sobre problemas canónicos, e xornalistas e institucións pedíanlle informes (entre eles as recensións da ''Dogmática'' de [[P. I. Hermann]] ou o ''[[Dereito penal]]'' do seu curmán Amor Neveiro), mesmo algúns deles sobre o que oficialmente non era a súa especialidade: a [[etimoloxía]] de "Compotela" ou "Libredón" ou a [[historia]] de Santiago, a súa catedral ou o Hospital Xeral. Algunhas das súas obras recentemente reeditadas (no mencionado libro de Lemos) son:
 
*''Constituciones de la [[SAMI|S. A. M. I.]] Catedral de Santiago adaptadas a la legislación canónica vigente y derecho concordado '' (procedente dun libreto);
*''Las peregrinaciones a Santiago. Los nombres de Libredón y Compostela'';
Liña 31 ⟶ 32:
Á parte de ser unha das figuras claves da [[filoloxía]] e [[lingüística]] coas que a [[Igrexa católica]] contribuíu ó [[Galeguismo (política)|galeguismo]] (xunto con [[Sarmiento]], [[Antonio Noriega Varela]] e en xeral toda a xeración do seminario de [[Mondoñedo]]), a súa posición orixinal na resolución da crise modernista, sen darse ó historicismo relativzador nin á ortodoxia fosilizada nun pensamento ahistórico e inxenuamente realista. En boa parte, hai que interpretalo en relación coa Teoloxía liberal protestante (que en España só lles chegou a el e a [[Miguel de Unamuno]]) paralelo ó proxecto de [[Harnack]], independentemente da controversia pro- ou anti-[[escolasticismo|escolasticista]]. Por moito que esta sexa a súa formación, o seu pensamento renovador e a súa fonda intuición non se restrinxiron a este encadramento.
 
==ReferenciasBibliografía==
*[[Avelino Gómez Ledo|Gómez Ledo, Avelino]] (1949) ''Amor Ruibal o la sabiduría con sencillez''. Madrid.
*[[José Leonardo Lemos Montanet|Lemos Montanet, José Leonardo]] (1996) ''Ángel Amor Ruibal. Una reflexión viva acerca del hombre''. Santiago de Compostela.