Abrir o menú principal

Cambios

m
Zafar Khan, un gobernador provincial baixo os Tughluqs, rebelouse contra os turcos e proclamouse Sultán tomando o título de Á-ud-Din Bahman Shah en [[1347]]. O sultanato Bahmani, localizado ao norte de Deccan, durou preto de dous séculos, ata que foi fragmentado en [[1527]] en cinco Estados menores coñecidos coma os sultanatos de Deccan (Bijapur, Golconda, Ahmednagar, Berar e Bidar). O sultanato de Bahmani adoptou os métodos de cobro de impostos e de administración establecido polos sultáns de Dehli e a súa caída foi orixinada pola competencia e odio dos inmigrantes musulmáns e hindús conversos máis estranxeiros e oficiais en servizos temporais. O sultanato de Bahmani iniciou un proceso cultural importante particularmente na arquitectura e a pintura.
 
== ÉraaEra Mogol ==
{{AP|Imperio mogol}}
 
A principios do [[século XVI]], os descendentes de Genghis Khan invadiron a través do Paso de Khyber e estableceron a dinastía Mogol, a cal durou 200 anos. Este imperio reinou no norte do subcontinente indio desde [[1526]] e comezou a declinar lentamente logo de [[1707]] para finalmente desaparecer tras a Guerra de Independencia de [[1857]]. Este período tivo importantes repercusións sociais ao ser unha maioría hindú gobernada por emperadores mogoles, algúns dos cales patrocinaron a cultura hindú, mentres que outros destruíron templos e fixaron impostos aos habitantes non musulmáns. Durante a fase de decadencia do imperio Mogol, que no seu apoxeo chegou a ter as dimensións do antigo imperio Maurya, xurdiron varios reinados para encheren o baleiro que deixou a desaparición de coitado imperio.
 
==O imperio Vijayanagara==
4.555

edicións