Diferenzas entre revisións de «Contaminación acústica»

m
bot Engadido: te:శబ్ద కాలుష్యం; cambios estética
m (bot Engadido: tr:Gürültü kirliliği)
m (bot Engadido: te:శబ్ద కాలుష్యం; cambios estética)
O termo '''contaminación acústica''' fai referencia ó ruído (entendido como son excesivo e molesto), provocado polas actividades humanas (tráfico, industrias, locais de lecer, etc), que produce efectos negativos sobre a saúde auditiva, física e mental das persoas.
 
Un informe da Organización Mundial da Saúde (OMS), considera os 50 <math>dB_{a}</math>, como o límite superior desexable.
 
En España, establécese como [[nivel de confort acústico]] os 55 <math>dB_{a}</math>. Por enriba deste nivel, o son resulta pernicioso para o descanso e a comunicación.
 
 
== [[Niveis de ruído]] ==
Para medir o impacto do [[ruído ambiental]] (contaminación acústica) utilízanse varios indicadores que están en continuo desenvolvemento, a partir de Lp:
*[[Lp]] "Nivel de presión sonora"
*[[LDN]]
 
=== LEQ ou [[Nivel continúo equivalente]] ou [[Nivel medio equivalente]] ===
O LEQ é o nivel de ruído constante. Mide en [[decibelio]]s o nivel de ruído dun determinado lugar, durante un período de tempo.
 
 
=== LDN ou [[Nivel equivalente Día-Noite]] ===
O LDN mide o nivel de ruído LEQ que se produce en 24 horas. Ó calcular o ruído nocturno, como non debe haber, penalízase con 10 <math>dB_{a}</math> ós ruídos que se producen entre as 10 da noite e as 7 da mañá).
 
=== SEL ou [[Sound Explousure level]] ===
O SEL é o nivel LEQ dun ruído de 1 segundo duración. O SEL emprégase para medir o número de ocasións en que se superan os niveis de ruído tolerado en sitios específicos: barrios residenciais, hospitais, escolas, etc.
 
=== Lp ===
Nivel de presión sonora. Defínese como 20 veces a relación logarítmica da presión sonora eficaz (prms) respecto dunha presión de referencia p0, de valor p0= 2 10-5 N/m², obtida mediante unha ponderación normalizada de frecuencias e unha ponderación exponencial normalizada de tempos.
 
Se non se mencionan explicitamente, debe sobreentenderse que se trata da ponderación temporal FAST e da ponderación de frecuencias A, adoptando a seguinte nomenclatura LpA
 
=== Leq, T ===
O nivel de presión sonora continuo equivalente (dB), defínese como o nivel de presión sonora que tería un son hipotético en réxime permanente, con igual enerxía que o son fluctuante que se trata de medir, nun punto determinado e durante un mesmo periodo de tempo
 
Se a medida obtívose mediante unha rede de ponderación A, se identifícase por LAeq, T
 
=== LAmax ===
É o máis alto nivel de presión sonora continuo equivalente ponderado A, en decibelios, determinado sobre un intervalo temporal de 1 segundo (LAeq,1) rexistrado no periodo temporal de avaliación.
 
=== LKeq, T ===
É o nivel de presión sonora continuo equivalente ponderado A, corrixido polo tipo de fonte de ruído (tráfego ou industrial), polo caracter do ruído (impulsivo, tonal) e polo periodo de tempo considerado (nouturno, vespertino, fin de semana).
LKeq, T = LAeq, T Kj
 
== Efectos do ruído sobre a saúde ==
=== Efectos Auditivos ===
O [[sistema auditivo]] reséntese ante unha exposición prolongada a unha fonte dun ruído, inda que esta sexa de baixo nivel.
 
Citando puntualmente as afeccións auditivas que produce o ruído, temos: Desprazamento Temporal Do Limiar De Audición e o Desprazamento Permanente do limiar de audición
 
=== Desprazamento temporal do limiar de audición (TTS:Temporary threshold shift) ===
 
Consiste nunha elevación temporal do limiar producida pola presenza dun ruído, existindo recuperación total ó cabo dun periodo de tempo, a condición de que non se repita a exposición ao mesmo. Prodúcese habitualmente durante a primeira hora de exposición ao ruído.
 
=== Desprazamento permanente do [[limiar de audición]] (PTS:Permanent threshold shift) ===
 
Corresponde ó mesmo efecto anterior pero agravado polo paso do tempo e a exposición ó ruído. Cando alguén se somete a numerosos TTS e durante longos periodos de tempo (varios anos), a recuperación do limiar vai sendo cada vez máis lenta e dificultosa, ata volverse irreversible.
A xordeira producida polo desprazamento permanente do limiar de audición afecta a ambos oídos e con idéntica intensidade se a intensidade é simellante en ambos.
 
=== Interferencia na comunicación oral ===
 
A intelixibilidade da comunicación redúcese debido ó ruído de fondo. O oído é un transdutor e non discrimina entre fontes de ruído; a separación e identificación das fontes sonoras dáse no cerebro. Como xa é sabido, a voz humana produce son no rango aproximado de 100 a 10000Hz, pero a información verbal atópase no rango dos 200 a 6000Hz. A banda de frecuencia determinada para a intelixibilidade da palabra, é dicir entender palabra e frase, está entre 500 e 2500 Hz. A interferencia na comunicación oral durante as actividades laborais pode provocar accidentes causador pola incapacidade de oír chamados de advertencia ou outras indicacións. En oficinas, como en escolas e fogares, a interferencia na conversación constitúe unha importante fonte de molestias.
 
=== Efectos non auditivos ===
A contaminación acústica, amais de afectar ó [[oído]] pode provocar efectos psicolóxicos negativos e outros efectos fisiopatolóxicos.
Naturalmente, o ruído e os seus efectos negativos non auditivos sobre o comportamento e a saúde mental e física dependen das características persoais, ó parecer a tensión xerada polo ruído modúlase en función de cada individuo e de cada situación.
 
==== Efectos psicopatolóxicos ====
#A máis de 60 <math>dB_{a}</math>.
##Dilatación das [[pupila]]s e [[pestanexo]] acelerado.
##Menor [[irrigación sanguínea]] e maior actividade muscular. Os [[músculo]]s póñense tensos e dolorosos, sobre todo os do pescozo e costas.
#A máis de 85 <math>dB_{a}</math>.
##Diminución da [[secreción gástrica]], [[gastrite]] ou [[colite]].
##Aumento do [[colesterol]] e dos [[triglicérido]]s, co conseguinte risco cardiovascular. En enfermos con problemas cardiovasculares, [[arteriosclerose]] ou problemas coronarios, os ruídos fortes e súbitos poden chegar a causar ata un [[infarto]].
##Aumenta a [[glicosa]] en [[sangre]]. Nos enfermos de [[diabetes]], a elevación do [[azucre]] (ver [[glucemia]]) pode ocasionar estados de [[coma]] e ata a morte.
 
==== Efectos psicolóxicos ====
#[[Insomnio]] e dificultade para conciliar o sono.
#[[Fatiga]].
*O [[insomnio]] produce [[fatiga]]; a fatiga, falta de concentración; a falta de concentración, baixa [[productividade]]; a falta de productividade, [[estrés]].
==== Efectos sobre o soño ====
 
O ruído produce dificultades para conciliar o sono e esperta a quen están durmido. O sono é unha actividade que copa un terzo das nosas vidas e permítenos descansar, ordenar e proxectar o noso consciente.
O sono esta constituído por dous tipos: o sono clásico profundo(Non REM (etapa de soño profundo), o que á súa vez divídese en catro fases distintas), e doutra banda esta o sono paradoxal ([[Movemento ocular rápido|REM]]). Demostrouse que sons da orde de aproximadamente 60 dBA, reducen a profundidade do sono, acrecentándose dita diminución a medida que crece a amplitude da banda de frecuencias, as cales poden espertar ao individuo, dependendo da fase do sono en que se atope e da natureza do ruído. É importante ter en conta que estímulos débiles sorpresivos tamén poden perturbar o soño.
 
==== Efectos sobre a conduta ====
 
O ruído produce alteracións na conduta momentáneas, as cales consisten en agresividade ou amosar un individuo cun maior grao de desinterese ou irritabilidade. Estas alteracións, que generalmente son pasaxeiras, prodúcense a consecuencia dun ruído que provoca inquietude, inseguridade ou medo nalgúns casos.
 
==== Efectos na memoria ====
 
Naquelas tarefas onde se utiliza a memoria demostrouse que existe un maior rendemento naqueles individuos que non están sometidos ó ruído, debido a que este produce crecemento na activación do suxeito e isto en relación co rendemento en certo tipo de tarefas, produce unha sobre activación traducida no descenso do rendemento. O ruído fai que a articulación nunha tarefa de repaso sexa máis lenta, especialmente cando se tratan palabras descoñecidas ou de maior lonxitude; é dicir, en condicións de ruído, o individuo desgástase psicologicamente para manter o seu nivel de rendemento.
 
==== Efectos na atención ====
 
O ruído fai que a atención se localice naqueles aspectos máis importantes da tarefa, facendo que esta pérdase noutros considerados, de menor relevancia.
 
==== Efectos no embarazo ====
 
Observouse que as nais embarazadas que estiveron desde comezos do seu embarazo en zonas moi ruidosas, teñen pícaros que non sofren alteracións, pero se a exposición ocorre logo dos 5 meses de xestación, despois do parto os nenos non soportan o ruído, choran cando o senten, e ó nacer teñen un tamaño inferior ao normal.
 
==== Efectos sobre os nenos ====
 
O ruído repercute negativamente sobre a aprendizaxe e a saúde dos nenos. Cando os nenos son educados en ambientes ruidosos, estes perden a súa capacidade de atender sinais acústicos, sofren perturbacións na súa capacidade de escoitar, así como un atraso na aprendizaxe da lectura e a comunicación verbal. Todos estes factores favorecen o illamento do neno, facéndoo pouco sociable.
 
== Véxase tamén ==
*[[Sonómetro]]
*[[Roupa de protección#Protección para oídos|Equipos de protección para oídos]]: [[tapóns para os oídos|tapóns]] e [[orelleiras]]
 
== Enlaces de interese relacionados coa comunicación acústica ==
*[http://www.ruidos.org ruidos.org]
*[[FAGACOR|Federación Galega de Asociacións Contra o Ruído]]
[[sv:Buller]]
[[ta:ஒலி மாசு]]
[[te:శబ్ద కాలుష్యం]]
[[th:มลพิษทางเสียง]]
[[tr:Gürültü kirliliği]]
76.229

edicións