Afonso Paz-Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
segundo apelido
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Afonso Paz-Andrade Rodríguez''', nado en [[Vigo]] en [[1940]], é un empresario [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Fillo do intelectual, político e empresario [[Valentín Paz Andrade]], licenciouse en [[Dereito]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], pero os seus camiños posteriores viraron ao redor do mundo da [[pesca]]e cursou estudos posteriores relacionados coa Economía e coa tecnoloxía pesqueira en [[Italia]], [[Suecia]], [[Islandia]] e [[Inglaterra]].
 
===Relación coa industria pesqueira===
En [[1970]] funda en Vigo a empresa [[Ibercisa]], de maquinaria naval, da que é conselleiro delegado ata que en [[1976]] se incorpora a [[Pescanova]] e en xuño de [[1977]]<ref>[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Paz-Andrade/deja/ser/consejero/delegado/Pescanova/anos/elpepuespgal/20070117elpgal_5/Tes Paz-Andrade deja de ser consejero delegado de Pescanova tras 30 años], ''[[El País]]'', 17.1.07, <small>consultado o 19.9.09</small></ref> substitúe o seu pai como conselleiro delegado desa mesma empresa. Baixo a súa dirección e xunto co principal accionista [[Manuel Fernández de Sousa]], Pescanova converteuse nunha empresa líder da pesca mundial. Paz-Andrade participou en numerosos consellos de administración de empresas mixtas de pesca, participadas por Pescanova ([[joint ventures]]).