Panca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: vec:Leva
aumentado desde es:Palanca
Liña 1:
[[Ficheiro:Palanca-ejemplo.jpg|thumb|right|Exemplo clásico de panca.]]
[[Ficheiro:Palanca-tipo1.jpg|thumb|right|Esquema dunha panca]]
A '''panca''' é unha [[máquina]] simple que ten como función transmitir unha [[forza]]. Está composta por unha [[barra]] ríxida que pode xirar libremente arredor un [[punto de apoio]]. Pode utilizarse para amplificar a [[forza mecánica]] que se aplica a un obxecto, para incrementar a súa [[velocidade]] ou a distancia percorrida, en resposta á aplicación dunha forza.
 
==Historia==
[[Ficheiro:Archimedes lever (Small).jpg|thumb|Alegoría da frase «dádeme un punto de apoio e moverei o mundo», atribuída a [[Arquímedes]].]]
 
O descubrimento da panca e o seu uso na vida cotiá provén da época [[prehistoria|prehistórica]]. O seu emprego cotián, en forma de [[cegoñal|cegoñais]], está documentado desde o terceiro milenio antes de Cristo, en selos cilíndricos de [[Mesopotamia]]. O [[manuscrito]] máis antigo que se conserva cunha mención á panca forma parte da ''Sinagoga'' ou ''Colección matemática'' de [[Pappus de Alexandría]], unha obra en oito volumes escrita cara ao ano [[340]]. Alí aparece a famosa cita de [[Arquímedes]]:
{{Cita|«Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo».}}
 
Ao heleno Arquímedes atribúeselle a primeira formulación matemática do principio da panca.
 
==Forzas actuantes==
Sobre a barra ríxida que constitúe unha panca actúan tres forzas:
*A [[potencia]], a forza aplicada voluntariamente, xa sea manualmente ou por medio de motores ou outros mecanismos, co fin de obter un resultado.
*A [[resistencia]], a forza que se vence, exercida sobre a panca polo corpo a mover. O seu valor é equivalente, polo [[principio de acción e reacción]], á forza transmitida pola panca ao cuerpo.
*A [[forza de apoio]], a exercida polo fulcro sobre a panca. Se non se considera o peso da barra, será sempre igual e oposta á suma das anteriores, de tal xeito que a panca mantense sen desprazarse do punto de apoio, sobre o que rota libremente.
 
===Lei da panca===
En [[física]], a lei que relaciona as forzas dunha panca en equilibrio exprésase mediante a ecuación:
:::<math>P \times dp = R \times dr</math>
Sendo '''P''' a potencia, '''R''' a resistencia, e '''dp''' e '''dr''' as distancias medidas desde o fulcro até os puntos de aplicación de '''P''' e '''R''' respectivamente, chamadas ''brazo de potencia'' e ''brazo de resistencia''.
 
Se en cambio unha panca se encontra rotando aceleradamente, como no caso dunha [[catapulta]], para establecer a relación entre as forzas e as masas actuantes, deberá considerarse a [[dinámica]] do movemento en base aos [[lei de conservación|principios de conservación]] de [[cantidade de movemento]] e [[momento angular]].
 
==Tipos de panca==
As pancas divídense en tres xéneros, tamén chamados ordes ou clases, dependendo da posición relativa dos puntos de aplicación da '''potencia''' e da '''resistencia''' con respecto ao '''fulcro''' (punto de apoio). O principio da panca é válido indistintamente do tipo que se trate, pero o efecto e a forma de uso de cada un cambian considerablemente.
 
===Panca de primeira clase===
[[Ficheiro:palanca-tipo1.jpg|center|400px|Panca de primeira clase.]]
Na panca de primeira clase, o '''fulcro''' está situado entre a '''potencia''' e a '''resistencia'''. Caracterízase por que a potencia pode ser menor cá resistencia, aínda que a costa de reducir a velocidade transmitida e a distancia percorrida pola resistencia. Para que isto suceda, '''dp''' debe ser maior ca '''dr'''.
 
Cando o que se pretende é aumentar a velocidade transmitida a un obxecto, ou a distancia a percorrer por este, débese situar o fulcro máis próximo á potencia, de modo que '''dp''' sexa menor ca '''dr'''.
 
Exemplos deste tipo son o balancín, as [[tesoira]]s, os [[alicate]]s ou a [[catapulta]] (para ampliar a velocidade). O conxunto do corpo humano formado polo [[tríceps braquial]], o [[cóbado]] e o [[antebrazo]] é unha panca de primeira clase.
 
===Panca de segunda clase===
[[Ficheiro:Palanca-tipo1tipo2.jpg|thumbcenter|right400px|EsquemaPanca dunhade pancasegunda clase.]]
Na panca de segunda clase, a '''resistencia''' está entre a '''potencia''' e o '''fulcro'''. Caracterízase por que a potencia é sempre menor cá resistencia, a costa de diminuír a velocidade transmitida e a distancia percorrida pola resistencia.
 
Exemplos deste tipo de panca son a [[carretilla]], os [[remo (obxecto)|remo]]s ou o [[cascanoces]].
[[Ficheiro:Race 1.jpg|center|350px|thumb|O punto de apoio dos remos encóntrase na auga.]]
 
===Panca de terceira clase===
[[Ficheiro:palanca-tipo3.jpg|center|400px|Panca de terceira clase.]]
Na panca de terceira clase, a '''potencia''' encóntrase entre a '''resistencia''' e o '''punto de apoio'''. Caracterízase por que a forza aplicada é maior cá obtida. Utilízase para aumentar a velocidade transmitida a un obxecto ou a distancia a percorrer.
 
Exemplos deste tipo son o [[quitagrapa]]s ou a pinza de cellas, así como o conxuto formado polo [[cóbado]], o [[bíceps braquial]], o [[antebrazo]] e a [[articulación temporomandibular]].
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Plano inclinado]]
*[[Polea]]
 
===Ligazóns externas===
{{commonscat|Levers|Pancas}}
*[http://www.walter-fendt.de/ph11s/lever_s.htm Aplicación web que representa a lei da panca] {{de}}.
 
[[Categoría:Máquinas]]