Antolín Faraldo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 9:
En [[1842]] incorpórase como xornalista ó xornal ''O Recreo Compostelano'', que dirixía [[Antonio Neira de Mosquera]], e do que pronto se convertería en redactor principal empregando o [[pseudónimo]] de ''Abenhumeya''.
 
===Participación na Revolución de 1846===
Entre febreiro e outubro de [[1845]] funda e dirixe, xunto con [[José Rúa Figueroa]] e [[Antonio Romeu Ortiz]], a revista ''O Porvir''. A revista, cuxo subtítulo era ''Revista da Mocidade Galega'', e que na súa cabeceracabeceira rezaba ''Todo para Galicia'', serve a Faraldo de plataforma para expoñer o seu modelo político de [[Galicia]], sempre mantendo unha liña [[liberalismo|liberal]] e [[provincialismo galego|rexionalista]]. O devandito modelo veríase plasmado coa súa participación na chamada '''[[Mártires de Carral|Revolución de 1846]]''', para a cal redacta o [[15 de abril]] de [[1846]] a proclama de constitución da ''Xunta Provisional de Goberno de Galicia'', da que era secretario.
 
Fracasado o intento de revolución, o [[26 de abril]] dese mesmo ano vese obrigado a [[exilio|exiliarse]] en [[Portugal]], xunto a outros compañeiros, a bordo do buque ''Nervión''. O [[8 de setembro]] é condenado en rebeldía polo citado levantamiento, aínda que ó ano seguinte lograría a amnistía, instalándose en [[Madrid]]. Alí dirixiu durante un breve período a publicación ''La Europa'', para perderse despois a súa pista histórica ata o seu falecemento en Granada, á pronta idade de trinta anos.