Miguel VIII Paleólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: el:Μιχαήλ Η' Παλαιολόγος; cambios estética
Liña 2:
'''Miguel VIII Paleólogo''' ([[1225]] — [[11 de decembro]] de [[1282]]) foi o fundador da [[Dinastía Paleólogo|dinastía dos Paleólogo]] que reinou no [[Imperio bizantino]] ata a [[caída de Constantinopla]] en [[1453]]. Restaurou o debilitado Imperio en [[1261]] e gobernouno ata a súa morte.
 
== Ascenso ao trono ==
 
Miguel VIII era o fillo do [[Títulos e cargos do Imperio bizantino|''megas domestikos'']] Andrónico Ducas Comneno Paleólogo e de Teodora Paleologina, neta de [[Aleixo III Ángelo]], o último emperador bizantino lexítimo. Malia que os nosos coñecementos sobre xenealoxía bizantina son bastante incompletos, pódense atopar ata once emperadores entre os antepasados de Miguel VIII. Era un dos homes de máis nobre estirpe na [[Constantinopla]] da súa época, e seguramente nacería emperador se non fose pola conquista latina de Constantinopla en [[1204]].
Liña 8:
A idade moi temperá alcanzou moitas distincións e chegou a capitanear un corpo de mercenarios franceses contratados polo emperador de [[Imperio de Nicea|Nicea]]. Poucos días logo da morte de [[Teodoro II Láscaris]] en [[1259]], Miguel, grazas ao asasinato de Muzalon (que se supón que o alentou, aínda que non está probado), converteuse en rexente, xunto co patriarca [[Arsenio]], do novo emperador [[Xoán IV Ducas Láscaris]], que entón era un neno de oito anos. Pouco despois sería investido co título de [[Títulos e cargos do Imperio bizantino|déspota]], para ser finalmente proclamado emperador conxunto co apoio dos [[Xénova|xenoveses]].
 
== Reinado ==
 
En [[1261]], Miguel arrebatou Constantinopla ao emperador latino [[Balduíno II de Constantinopla]], e fíxose coroar co seu fillo menor Andrónico como co-emperador. A finais do mesmo ano, mandou cegar e deportar a Xoán Láscaris. Por mor disto, foi excomungado por Arsenio, condena que non foi levantada ata seis anos despois ([[1268]]) cando se nomeou un novo patriarca. Tras incapacitar deste xeito a Xoán Láscaris para o trono, Miguel casou ás irmás de Xoán con príncipes estranxeiros, para evitar así que os seus descendentes ameazasen os dereitos dos seus propios fillos ao título imperial.
Liña 20:
Ao reconstruír o Imperio bizantino, Miguel recuperou a antiga administración sen preocuparse de corrixir os seus abusos. Así, reduciu a lei das moedas, o que conduciu á decadencia do comercio bizantino. Morreu en [[Tracia]] en decembro de [[1282]], pero a súa dinastía se prolongou durante case dous séculos, un período máis longo có de calquera outra da historia romana.
 
== Familia ==
 
En [[1253]], Miguel VIII casou con Teodora Ducas Vatatzaina, sobriña-neta de [[Xoán III Ducas Vatatzés]], [[Imperio de Nicea|emperador de Nicea]]. Orfa na súa nenez, foi educada polo seu tío Xoán III, de quen se dicía que a ''amaba como á súa propia filla'', e que dispuxo o seu matrimonio con Miguel. Os seus fillos foron:
Liña 38:
 
 
== Fontes ==
 
* Nicol, Donald. ''The Last Centuries of Byzantium, 1261-1453'', 1993
Liña 47:
ESPAZO_POLITICO=[[Imperio Bizantino]]|
DINASTIA=[[Dinastía Paleólogo]]|
ANTES= [[ Xoán IV Ducas Láscaris ]] |
DEPOIS= [[ Andrónico II Paleólogo ]] |
DATA_ENTRADA=[[1259]]|
DATA_SAIDA=[[1282]]|
Liña 64:
[[cy:Mihangel VIII Palaiologos]]
[[de:Michael VIII.]]
[[el:Μιχαήλ Η΄Η' Παλαιολόγος]]
[[en:Michael VIII Palaiologos]]
[[es:Miguel VIII Paleólogo]]