Especiación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:종분화; cambios estética
Liña 1:
A '''especiación''' é un proceso de macroevolución no que ten lugar a formación de novas [[especie]]s. Segundo '''Mayr''', a especie defínese como o "''conxunto de poboacións naturais, potencialmente interfecundas, e xeneticamente illadas doutros grupos semellantes''".
 
== Introdución ==
 
A especiación pódese analizar como un proceso secuencial, en [[tres]] etapas:
Liña 18:
A variación xoga un papel central en moitas discusións sobre os mecanismos de especiación, especialmente na controversia referente ós modelos alopátrico e simpátrico. A principal diferencia de opinión reside en se as poboacións necesitan, ou non, estar xeograficamente separadas ou illadas antes de que a diferenciación ocorra.
 
== Modelos de especiación ==
 
Os modelos de especiación axúdannos a entender como e por que se pode producir o illamento reprodutivo entre dúas poboacións que inicialmente eran compatibles e finalmente se separan constituíndo especies distintas.
Liña 30:
*'''Especiación Parapátrica:''' Ocorre en poboacións que posúen unha área de distribución espacial continua. É típica de organismos inmóbiles que ocupan áreas xeográficas moi amplas. A falta de mobilidade (grandes distancias,...) impide que os organismos dos extremos desa área se poidan cruzar, ou que ese cruzamento sexa moi complicado, establecéndose co tempo unha barreira reprodutiva.
 
== Mecanismos de illamento reprodutivo ==
 
Como se mencionou anteriormente, a diferenciación de especies implica un illamento reprodutivo entre ámbalas dúas, o que impide a transferencia xénica, e polo tanto non poden xerar descendencia algunha entre elas. Segundo o momento no que se produza dito illamento reprodutivo, pódense distinguir dous tipos diferentes de mecanismos:
 
=== Mecanismos precigóticos ===
Son mecanismos que impiden a formación dun [[cigoto]] entre individuos de dúas subpoboacións diferentes, é dicir, impiden a [[fecundación]]. Á súa vez, dentro deste grupo, poden encadrarse diferentes subtipos de illamento:
 
Liña 40:
*[[Etoloxía|Etolóxicos]]: entre os [[Animal|animais]], os individuos de distinto [[sexo]] realizan un cortexo ritual, en ocasións moi elaborado, que facilita o recoñecemento dos individuos da súa mesma especie e estimula o apareamento. Diferencias mínimas no seu comportamento durante o cortexo poden conducir á falta de atracción entre os sexos.
*Mecánicos: relacionados coa diferencia no tamaño ou na configuración dos xenitais, que poden impedir o apareamento e, polo tanto, a fecundación (xenitalia en animais e [[flor]]es en [[Vexetal|vexetais]]).
*Gaméticos ou Fisiolóxicos: os gametos, en particular os masculinos, poden ser destruídos antes da fecundación. Estes non sobreviven en tractos reprodutivos estraños. Nos vexetais é frecuente que os grans de pole non desenvolvan o tubo polínico sobre estigmas de flores doutra especie. No caso dos animais con fecundación externa, os gametos de especies diferentes non se atraen aínda que se atopen xuntos no medio. Tamén son frecuentes os cambios cromosómicos que producen esterilidade ou inviabilidade dos híbridos.
 
=== Mecanismos postcigóticos ===
Neste caso, o cigoto pode chegar a formarse, pero, ou o [[feto]] non chega a nacer, ou nace pero non constitúe un individuo eficaz bioloxicamente, é dicir, é débil ou estéril. Este tipo de illamento reproductivo pode deberse, como consecuencia, ás seguintes situacións:
 
Liña 68:
[[ja:種分化]]
[[kn:ಜಾತೀಕರಣ]]
[[ko:종분화]]
[[nn:Artsdanning]]
[[pl:Powstawanie gatunków]]