Romeu e Xulieta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|250px|''Romeo e Xulieta'' de [[Ford Madox Brown]] '''''Romeo e Xulieta''''' (''Romeo and Juliet'' na versión orixinal en inglés) é un..."
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Romeo and juliet brown.jpg|thumb|250px|''Romeo e Xulieta'' de [[Ford Madox Brown]]]]
'''''Romeo e Xulieta''''', tradución do orixinal en lingua inglesa (''Romeo and Juliet'' na versión orixinal en inglés), é unha [[traxedia]] de [[William Shakespeare]] escrita na súa primeira épocaetapa como escritor,literato.

==Tema e sobreargumento==
Sobre dous amantes que viven un amor imposible pola rivalidade das súas familias, os Montescos e os Capuletos,só as morte dos amantes conseguirá unir as súas familias. Xunto con ''[[Hamlet]]'' foi unha das obras máis populares da época de Shakespeare, e segue a ser unha das máis representadas. A estrutura dramática empregada polo dramaturgo inglés é notable, especialmente na combinación de [[comedia]] e traxedia para aumentar a tensión narrativa, así como na no desenvolvemento de enredos secundarios e a expansión que sofren os personaxes máis secundarios, outorgándolle un sentido de forte complexidade ó [[relato]]. Os dous protagonistas acadaron co tempo un valor simbólico, derivando no arquetivoarquetipo do [[amor]] perfecto pero que a sociedade fai imposible. De ''Romeo e Xulieta'' fixéronse numerosas versións teatrais, cinematográficas, musicais e de banda deseñada, a obra traduciuse a gran número de linguas, a tradución galega apareceu no ano [[2003]].
 
==Orixe==
''Romeo e Xulieta'' pertence á tradición de romances tráxicos que xa ven da antigüidade, o seu argumento baséase en dous contos [[Italia|italianos]], o de [[Matteo Bandello]] e o de [[Masuccio Salernitano]] na versión que del fixo Luigi da Porto e que traduciu en [[1562]] [[Arthur Brooke]] titulando á súa obra ''The Tragical History of Romeus and Juliet'' e que William Painter rescribiu en prosa en [[1582]] co título ''Palace of Pleasure''. Shakespeare baseouse nas dúas obras para escribir a súa entre [[1591]] e [[1595]], engadíndolle personaxes novos tales como Mercucio e Conde Paris.
 
==Edicións==
Como libro publicouse por primeira vez en [[1597]], o texto considérase de baixa calidade, segundo o crítico T. J. B. Spencer a edición non sería de Shakespeare senón que estaría baseada no recordo do texto por parte dos actores que a representaron. En 1599 publicouse a seguinte edición que tiña o título de ''The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet'', conta con 800 versos máis ca versión anterior e é un texto máis completo e fiable, reimprimiouse varias veces ó longo da primeira metade do século XVII. A edición que aparece no ''First Folio'' (1623), na que se basean os textos canónicos da maioría das obras de Shakespeare, é a reimpresión de [[1609]] con algúns engadidos. A primeira versión moderna é a de [[Nicholas Rowe]] e data de [[1709]].