Lance Armstrong: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo categoría
mSen resumo de edición
Liña 18:
 
 
'''Lance Armstrong''', (nacidonado o [[18 de setembro]] de [[1971]] en [[Plano, Texas]]), é un [[Ciclismo|ciclista]] norteamericano retirado. É especialmente coñecido por, despois de ter superado un [[cancro]] de [[testículo]]s (diagnosticado en [[1996]]), se-lo único ciclista do mundo en gañar 7 [[Tour de Francia|Tours de Francia]]. Fíxoo de forma consecutiva (dende [[1999]] ata [[2005]]).
 
Fóra do ciclismo, é coñecido tamén por ter creado a ''Fundación Lance Armstrong'' para apoio ós enfermos de cancro. Unha das iniciativas máis famosas desta fundación foron as pulseiras amarelas ''Livestrong'', coas que obtiveron decenas de millóns de dólares que destinaron á loita contra a enfermidade.
 
==VidaTraxectoria==
===Comezos===
Armstrong comezou a competir xa á idade de 14 anos como [[Triatlón|triatleta]], pero pronto fíxose evidente que o seu destino estaba no ciclismo. Con só 17 anos, foi invitado polo Equipo Ciclista Xuvenil dos EEUU, co que abandonou a súa cidade natal.