Anastasio Somoza Debayle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Amirobot (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Anastasio Somoza Debayle''', nado en (León, [[Nicaragua]], o [[5 de decembro]], de [[1925]] e finado en [[Asunción]], [[Paraguai]], o [[17 de setembro]], de [[1980]], foi un político nicaragüense. Foi presidente de Nicaragua entre [[1967]] e [[1972]], e entre [[1974]] e [[1979]]. Como xefe da [[Garda Nacional]], mantivo o poder efectivo durante o periodo intermedio. Foi o último membro da familia Somoza que exerceu o poder, tras o seu pai e o seu irmán, unha dinastía de ditadores que comezou en 1934.
 
==Traxectoria==
Anastasio Somoza Debayle foi o terceiro fillo de [[Anastasio Somoza García]] (chamado "Tacho"), que se convirteu en Presidente de Nicaragua en 1936, e de [[Salvadora Debayle de Somoza]]. Sendo o máis xove dos Somoza foi educado en [[Florida]] e [[Long Island]] antes de graduarse na Academia Militar de [[West Point]] en [[1946]]. Ao ano seguinte, foi nomeado polo seu pai xefe da Garda Nacional, que era o ente represivo e de sostén do réxime somocista. En decembro de 1950 casa por conveniencia coa súa prima [[Hope Portocarrero Debayle]], con quen tivo cinco fillos: '''Anastasio''', Carolina, Roberto, Carla e Xulio.
 
Liña 9 ⟶ 10:
A pesar de todo, Somoza foi elixido presidente nas eleccións de 1974, o seu interese en seguir manténdose no poder e a represión á poboación provocou a perdida do apoio dos sectores antes aliados, como a [[oligarquía]], [[Estados Unidos]] e a [[Igrexa Católica]]. A finales dos setenta, grupos defensores dos dereitos humanos denunciaban as violacións dos mesmos, cometidas polo seu doberno. De setembro do 1978 ata o 17 de xullo de 1979, el e o seu fillo [[Anastasio Somoza Portocarrero]] provocaron unha guerra civil, ordenando o asasinato de civiles e o bombardeo con artillería e avións as cidades principais de Nicaragua que caeran en mans do levantamento popular dirixido polas forzas [[sandinistas]]. Baixo o liderazgo de pai e fillo, a Garda Nacional asasinou a 50.000 cidadáns nicaragüenses.
 
===Fin do réxime de Somoza==
A madrugada do 17 de xullo de 1979 fuxiron a [[Miami]] poñendo fin ao réxime somocista. Pouco tempo despois Anastasio Somoza Debayle conseguiu refuxio en Paraguai grazas ao ditador dese país [[Alfredo Stroessner]]. Foi asasinado o 17 de setembro do ano seguinte en Asunción por forzas do [[Exército Revolucionario do Pobo]]{{cómpre referencia}}. Divorciárase da súa primeira esposa e vivía coa súa amante de moitos anos: Dinorah Sampson.