Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SpBot (conversa | contribucións)
Liña 139:
En [[1946]], o Goberno republicano no exilio de [[José Giral]] instálase en [[París]] e Castelao é nomeado ministro. Os galeguistas do interior (especialmente [[Ramón Piñeiro]]), premeron ante Giral para que Castelao fose nomeado ministro porque xa había un vasco (Manuel de Irujo) e un catalán (Nicolau D’Olwer), fronte ao candidato do vasco Aguirre e do propio Giral, [[Manuel Portela Valladares]]. Por este motivo trasládase a París e toma posesión en agosto. Por cousa das disensións cos socialistas de [[Indalecio Prieto]], Giral vese obrigado a dimitir e disolve o goberno, co que Castelao, desilusionado, decide regresar a Bos Aires, a onde marcha en xullo de [[1947]]. Da pouca utilidade que lle ve ao goberno Giral é mostra a descrición que fixo Castelao de ser "''un barco varado, incapaz de navegar''". En resumo, Castelao ostenta o cargo de ministro sen carteira desde abril de 1946 (de facto, desde agosto) ao 26 de xaneiro de 1947, en que se disolve o goberno.
 
É nesta breve estancia en Francia cando comezan a manifestarse os primeiros síntomas da enfermidade cancerosa que sufría, como unha afección ó fígado que o tivo en cama unhas cantas semanas<ref>Carta de [[Rodolfo Prada]] a [[Ramón Otero Pedrayo]] (20-XI-1946).</ref>.
 
Xa na [[Arxentina]], Castelao retomou a actividade política e participou en numerosos actos públicos, como o coñecido discurso ''[[Alba de Groria]]'' no [[Día da Patria Galega|día da Patria]] de 1948, pero a comezos de [[1949]] diagnostícaselle un [[cancro]] de pulmón incurable<ref>Castelao foi un fumador empedernido, como se pode comprobar en boa parte das súas autocaricaturas. Cando comezou a manifestarse o cancro, en 1947, deixou practicamente de fumar. Segundo escribe Victoria Armesto "''A partir de entonces sólo fumaba algún que otro pitillo ocasional, siempre a espaldas de Virginia''" (''La Voz de Galicia'', 26.06.1984).</ref> aínda que os médicos só lle din que ten un ''"proceso infeccioso no pulmón esquerdo"'' que esixe repouso e tratamento médico. Os médicos decidiron ocultar a gravidade da enfermidade tanto a Castelao como á súa muller, e semella que el non foi consciente da inminencia da morte. En xuño de 1949 escribía escusando a súa presenza nun acto do Centro Pontevedrés de Bos Aires que "''estou absolutamente seguro de repoñer a miña saúde e de acompañalos no ano próisimo, por este xa se vé que non é posible''"; en decembro escribía ao seu amigo [[Manuel Roel Longueira|Manuel Roel]]: "''Estou enfermo pero sandarei. Algún día nos veremos na verde Betanzos''".