Urien: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
Urien ficou como unha figura popular en [[Gales]] por séculos, e el e o seu fillo Owain foron incorporados á [[lenda artúrica]] candos e expandiu de Britania á Europa continental. O seu reino foi finalmente transferido á mítica terra de Gore, e os reis [[Lot (lenda artúrica)|Lot de Lothian]] e Auguselus de Escocia aparecen ás veces como irmáns seus. Durante o reinado de [[Uther Pendragon]] casa coa irmá de Arturo (a miúdo [[Morgana]], pero ás veces aparece outra irmá). El, como os reis doutras terras, ao principio oponse ao ascenso de [[rei Arturo|Arturo]] ao trono tras a morte de Uther. Urien e os outros rebélanse contra o xove monarca, pero tras a súa derrota, os rebeldes vólvense aliados e vasalos de Arturo.
 
Na lenda o seu matrimonio con Morgana nona parece retratado como feliz. Nunha historia Morgana conspira para apoderarse de [[Excalibur]], matar a Urien e Arturo, e poñerse ela e máis o seu amante [[Accolon]] no trono. Sempre s elle atribúea paternidade de Ywain (Owain), e moitos textos dánlledanlle un segundo fillo, [[Ywain o Bastardo]], concibido coa muller do seu [[senescal]]. A tradición galesa atribúelle unha filla chamada [[Morfydd]].
 
[[Thomas Malory]] ás veces escribe o seu nome como "Urience", cousa que levou a algúns (e.g. [[Alfred Tennyson, 1º Barón Tennyson|Alfred Tennyson]]) a identificalo co rei [[Rience]].