Declaración de Arbroath: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m referencia: The Declaration of Arbroath, 1320. BBC - History - Scottish History. http://www.bbc.co.uk/history/scottishhistory/independence/features_independence_arbroath.shtml
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe da abadía de Arbroath procedente de Commons vía Wikipedia en inglés
Liña 4:
==Contexto==
Logo das guerras que enfrontaron a escoceses e ingleses a comezos do [[século XIV]], e que remataran coa vitoria das tropas comandadas por [[Roberto I de Escocia]], o monarca inglés [[Eduardo I de Inglaterra|Eduardo I]] seguía a facer incursións e ataques sobre o terreo dominado por Roberto I. Este decide acudir ás instancias internacionais á busca de recoñecemento, e diríxese ao [[Papa]] de [[Roma]].
 
==O documento==
[[Ficheiro:Declaration of arbroath.jpg|thumb|right|Reprodución da Declaración de Arbroath (1320)]]
==O documento==
A Declaración de Arbroath foi escrita en [[lingua latina|latín]] da man, crese, do [[bispo]] [[Alexander Kininmund]] e do [[abade]] [[Bernard de Linton]], da [[abadía de Arbroath]], que era o [[chanceler de Escocia]] no tempo. Na data da declaración, o [[6 de abril]] de [[1320]], non se produciu ningunha xuntanza de nobres para debater os contidos. O seu contido fora xa decidido nunha asemblea previa, na [[abadía de Newbattle]], no mes de marzo. Os selos dos oito [[duque]]s e dos outros 41 nobres escoceses fóronselle engadindo ao documento nas seguintes semanas, ou mesmo meses. Posteriormente, con todos os seus selos, a declaración enviouse á corte do papa, en [[Avignon]].
[[Ficheiro:Arbroath_Abbey2.jpg|thumb|right|Abadía de Arbroath]]
 
Non está comprobado nin o posicionamento do papa perante o documento, nin que o seu posicionamento tivese influencia no monarca inglés. En todo caso, o [[1 de marzo]] de [[1328]] o rei inglés [[Eduardo III de Inglaterra|Eduardo III]] asinou o [[tratado de Northampton]] que lle puña remate aos conflitos con [[Escocia]] e onde renunciaba a calquera reclamación de territorio escocés.