Civilización minoica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: simple:Minoan civilization; cambios estética
Liña 7:
Ata o de agora atopáronse catro palacios na illa: [[Cnosos]], [[Festos]], [[Malia]] e [[Kato Zakro]]. As comodidades e os luxos que reflicten as escavacións arqueolóxicas revelan unha forma de vida refinada e de alto nivel, entregada ó ocio e ás diversións, o que nos indica que o conxunto da estrutura social funcionaba de bo xeito.
 
== Historia ==
 
Creta foi a primeira potencia en surxir no [[Exeo]], sen que se podan esclarecer as suas causas últimas; en todo caso, houbo unha evolución local do [[Neolítico final]] e experimentáronse influencias através da navegación e o comercio de outras illas exeas, o [[Próximo Oriente]] e [[Exipto]].
Liña 17:
Cnossos foi o primeiro a ser excavado sistematicamente ([[Arthur Evans]]) e forneceu a cronoloxía desde o Neolítico. Era o principal e os outros terían unha dimensión menor. A tendencia foi a que a diferenza se agrandese até que nas últimas fases Cnossos tería sido o único centro e os outros serían subsidiarios del. Esta teoría apóiase en referencias do [[Imperio Novo]] exipcio, nas que se fala do "rei de Keftiu" (século –XVI].
 
=== Fases ===
Esta división débeselle a Evans e está baseada na análise da [[cerámica]].
 
==== Minoico antigo ====
Vai desde as fases finais neolíticas e [[Bronce antigo]]. No [[Terceiro Milenio]] apareceron as construcións palaciais, nun proceso rápido.
 
==== Minoico medio ====
Foi unha fase dilatada con transformacións nos palacios que corresponden a destrucións e reconstrucións sen causas definidas (terramotos talvez?). Aqueles primeiros palacios viven un florescimento até a destrución do –1700 (Minoico Medio II). Foi esta unha destrución xeral da que surxe mais claramente o papel de Cnossos como centro palacial. Aparte dun sismo, tense barallado a hipótese vulcánica, como sucedera en [[Thera]] (-1600/1550), illa que desapareceu nos seus dous terzos (pola súa forza, tentouse situar en paralelo co fin do control minoico en Cnossos ou coa destrución final do palacio). Porén, a destrución de 1500 si se atribúe a terramotos.
 
==== Minoico final ====
A instalación dos micénicos a partir de 1450 non está marcada por unha destrución acentuada, mais si se deu a crise definitiva dos centros palaciais secundarios, que funcionaban en dependencia desde –1700 baixo un sistema descentralizado, sen arquivos (si hai selos). A tomada do poder por estas xentes vidas do contiente acentúa a centralización administrativa. A súa chegada é fruto dunha expansión imperialista que funda en Creta un novo reino micénico. Esta presenza precede o momento que Arthur Evans estabeleceu como final do Minoico (-1400, cando se dá a destrución definitiva do palacio). Dentro da historia da Creta Minoica isto desatou polémicas porque:
#Quedaba por estabelecer a evolución de Creta entre o 1400 e finais de Micenas.
Liña 131:
[[pt:Civilização minoica]]
[[ru:Минойская цивилизация]]
[[simple:Minoan civilisationcivilization]]
[[sk:Minojská kultúra]]
[[sr:Минојска цивилизација]]