Addax: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: br:Adaks
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
{{Taxonomia-fin}}
 
O '''addax''' (''Addax nasomaculatus'') é un [[antílope]] de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do [[Sahara]]. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do [[nariz]] e outras arredor da [[boca]]. Os [[corno]]s anelados están presentes nos machos e femias, diferenciándose no tamaño: nos machos chegan aos 120 cm de longo e nas femias a 80 cm. A diferenza doutros antílopes carece de glándulas faciais e presenta unha gran dentamia rectangular, semellante á do [[gando]].<ref>Robert Burton ''The International Wildlife Encyclopedia'', vol 8. Marshall Cavendish, 2002, páxina 24</ref>
 
Os addax viven en zonas desérticas, alimentándose da herba e follas dos arbustos que están adaptados ao deserto. Non beben, obtendo toda a humidade que precisan do que comen. É un animal nocturno, descansando durante o día en buratos que eles mesmos escarvan. Viven en rabaños de entre dous e vinte animais, femias e machos, cunha forte estrutura social baseada na idade, o macho máis vello conduce a grea, percorrendo grandes distancias na procura de alimento.
Liña 15:
En grave perigo de extinción, en [[1966]] había 6.000, mentres en [[1998]] quedaban uns 200 individuos en [[Chad]], [[Mali]], [[Mauritania]] e [[Níxer]], algún rabaño illado no sur de [[Libia]], non hai evidencia da súa conservación máis ao norte. En [[Alxeria]] extinguiuse arredor de [[1970]]. {{ReferenciaRequerida}}
 
== Notas ==
<references/>
 
[[Categoría:Bóvidos]]