Diferenzas entre revisións de «Malemo Caná»

m
sen resumo de edición
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
m
'''Malemo Caná''' é o nome dun suposto navegante [[musulmán]], que viviría entre os [[século XV|séculos XV]] e [[século XVI|XVI]], é o nome dun suposto navegante [[musulmán]] que axudou a [[Vasco da Gama]] a chegar á [[India]], partindo desde [[Melinde]], cidade hoxe sita en [[Quenia]]. '''Malemo Canã''' é o nome utilizado na crónica de [[João de Barros]], ''Décadas da Ásia'' (1552-1613); outra variante de leitura é '''Melemo Cana'''; en [[Damião de Góis]] e [[Fernão Lopes de Castanheda]] figura como ''Canaqua''.
 
==Traxectoria==
===O relato de João de Barros== =
Logo de entrar no Océano Índico, Vasco da Gama, chegou á [[illa de Mozambique]]. O xeque desta illa promételle un piloto que o guíe para India, e cúmpreo. O piloto leva a frota portuguesa ata [[Mombasa]], e foxe, mentres que os musulmáns que gobernaban na cidade téndenlle unha emboscada a Da Gama, da que logra liscar. De aí consegue arribar a [[Melinde]]. O rei de Melinde recíbeo de bo talante e promételle un piloto experto que o conduza á India; este piloto é Malemo Caná. Barros narra así o encontro de Vasco da Gama e Malemo Canà en Melinde:
 
:{{Cita|''entre os que viña um mouro guzarate de nación, chamado '''Malemo Caná''', quen, tanto polo contentamento que tivo da conversación dos nosos, como para compracer el-rei, que buscaba piloto para lles dar, aceptou querer ir con eles. Do saber diso, Vasco da Gama despois que falou con el, ficou moi contento, principalmente cando lle mostrou unha carta de toda a India, arrombada ao modo dos mouros, que era en meridianos e paralelos moi miúdos, sen outro rumbo dos ventos...''<ref>João de Barros, ''Décadas da Ásia'', Libro IV, cap. VIII</ref>}}
 
Caná acompañou e guiou a frota portuguesa ata [[Calcuta]], a actual [[Kozhikode]], na costa de [[Malabar]], na India, e axudou nas primeiras negociacións de Vasco da Gama coas autoridades desa cidade.
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Vasco da Gama]]
*[[Ahmed Ibn Majid]]
43.365

edicións