Mohamed Zahir de Afganistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: az:Məhəmməd Zahir Şah; cambios estética
Liña 2:
O rei '''Mohamed Zahir''', chamado '''Mohamed Zahir Xah''' (que quere dicir "rei"), nado en [[Cabul]] o [[16 de outubro]] de [[1914]] e morto na mesma cidade o [[23 de xullo]] de [[2007]], foi o xefe de estado e [[reis de Afganistán|monarca]] de [[Afganistán]] entre [[1933]] e [[1973]].
 
== Orixes ==
Mohamed Zahir foi o fillo de [[Mohamed Nader de Afganistán|Mohamed Nader]], autoproclamado rei afgán, e descendente dunha ampla familia de gobernantes e príncipes coma o [[ghan]] [[Sardar Mohamed]], medio irmán do ghan [[Dost Mohamed]] que vendeu a cidade de [[Peshawar]] en troca de [[ouro]]. O seu avó era o ghan [[Iahia]], encargado das negociacións entre o goberno británico e o ghan Iaqub para o [[tratado de Gandomak]], e que marchou a vivir á India logo da sinatura.
 
Era [[paxtún]], pero falaba fluentemente a [[lingua persa]] da elite afgá. Xa como príncipe, foi educado en [[Francia]], no [[Instituto Pasteur]] e na [[Universidade de Montpellier]], onde tomou contacto coa [[democracia]] de preguerra, e onde aprendeu a falar [[lingua francesa|francés]], [[lingua inglesa|inglés]] e [[lingua italiana|italiano]].
 
== Reinado ==
O [[8 de novembro]] de [[1933]] foi proclamado rei logo do asasinato de seu pai Mohamed Nader, que el mesmo presenciou. Tiña 19 anos, e cedeulles o poder aos seus tíos, que gobernaron nos primeiros tempos. Xa coas rendas do estado collidas, en [[1964]] proclamou unha nova constitución, promoveu a modernización da economía, implantou un [[parlamento]] (se ben con poderes limitados) e animou a educación ás mulleres, medidas que o levaron a gañar a inimizade dos sectores [[islamismo|musulmáns]] ortodoxos.
 
Liña 22:
{{End box}}
 
== Exilio e retorno ==
O [[17 de xullo]] de [[1973]], cando Mohamed Zahir estaba en [[Italia]] operándose da vista e tratándose do [[lumbago]], o seu curmán e antigo [[primeiro ministro]] o ghan [[Mohamed Daud]] deu un [[golpe de estado]] e estableceu un goberno republicano. Mohamed Zahir abdicou e deixouse quedar no exilio italiano, vivindo nunha gran casa en [[Olgiata]], ao norte de [[Roma]]. Prohibíuselle voltar ao seu país durante o réxime comunista dos anos setenta, e tampouco volveu durante o réxime dos [[talibán]]s.
 
Liña 31:
A partir dese ano comeza a sufrir problemas de saúde: esvara no baño durante dúas visitas a Francia, a primeira en outubro de [[2002]] e a segunda en xuño de [[2003]] e máncase nas costelas e rompe o [[fémur]], respectivamente. En febreiro de [[2004]] é hospitalizado durante dúas semanas en [[Nova Delhi]] por un problema intestinal, e en maio dese mesmo ano ten que acudir a un hospital dos [[Emiratos Árabes Unidos]] por [[hemorraxia]]s [[nariz|nasais]] producidas pola calor. Faleceu no seu palacio de Cabul dunha longa enfermidade, e a súa morte foi anunciada na televisión polo presidente Carsai.
 
== Herdeiros ==
Casou con Homairah Begun o [[7 de novembro]] de [[1931]], e xuntos tiveron seis nenos e dúas nenas.
*1. A princesa Bilqis Begun (1932 - )
Liña 47:
 
[[ar:محمد ظاهر شاه]]
[[az:Məhəmməd Zahir Şah]]
[[cs:Muhammad Záhir Šáh]]
[[da:Zahir Shah]]