Tom Sharpe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ru:Шарп, Том
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Thomas Ridley Sharpe''', coñecido como '''Tom Sharpe''', nado en [[Londres]] o [[30 de marzo]] de [[1928]], é un escritor [[Inglaterra|inglés]].
 
==Traxectoria==
A súa infancia e mocidade estiveron marcadas por unha rabia crónica. A súa nai, enferma, non se podía ocupar del. O seu pai, párroco británico, pasó do [[socialismo]] ó [[nacionalsocialismo]]. Estudou na [[Universidade de Cambridge]].
 
Estudou na [[Universidade de Cambridge]]. Logo de realizar o servizo militar transladouse a [[Sudáfrica]] en [[1951]], dedicándose a realizar traballos sociais e ó ensino en [[KwaZulu-Natal]]. En [[1961]] escribiu e representou unha obra en contra do réxime do [[apartheid]]. Debido a isto foi encarcerado na prisión de [[Pietermaritzburg]] acusado de "político subversivo" e "comunista perigoso", e máis tarde foi deportado por actividades "antigubernamentais". Da súa experiencia en [[África]] obtivo a inspiración para escribir ''Riotous Assembly'' e ''Indecent Exposure''. Entre [[1963]] e [[1972]] traballou como profesor de historia no Colexio de Cambridge das Artes e a Tecnoloxía. Recibiu o Gran Premio do Humor Negro en [[1986]].
 
===Literatura===
Nas súas novelas encóntrase un humor corrosivo, incluso a veces cruel, que divide ós seus lectores entre os que o consideran moi ofensivo e os que pensan que é un mestre do humor. A súa temática é variada, desde os xa mencionados libros inspirados no apartheid, ata os que critican o sistema educativo (''Wilt'' e secuelas), o ''[[snob|snobbismo]]'' da clase inglesa (''Ancestral Vices'' e ''Porterhouse Blue''), o mundiño literario (''The Great Pursuit''), extremismos políticos de todo tipo, a burocracia e a estupidez en xeral. Os seus personaxes usan moitas veces unha linguaxe vulgar e explícita e practican toda clase de actos sexuais. Outras veces ridiculiza a forma de falar ou de comportarse de determinados grupos sociais.
 
===Éxito===
As súa obras foron traducidas a 22 idiomas, vendendo máis de 10 millóns de exemplares. Mesmo algunha delas (''Porterhouse Blue'' e ''Blott on the Landscape'') foron adaptadas como series de televisión. ''Wilt'' foi levada ó cine en [[1989]] por [[Michael Tuchner]].