Aldous Huxley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Aldous_Huxley.JPG|thumb|right|Aldous Huxley]]
'''Aldous Leonard Huxley''', nado o [[26 de xullo]] de [[1894]] e finado o [[22 de novembro]] de [[1963]]), foi un escritor [[Lingua inglesa|inglés]] que emigrou aos [[Estados Unidos]]. Membro da recoñecida familia de intelectuais [[Huxley]]. Coñecido polas súas novelas e o seu grande abanico de [[ensaios]], publicou, tamén, relatos curtos, [[poesía]], libros de viaxe e historias para [[película]]s e guións. Mediante as súas [[novela]]s e ensaios, Huxley exerceu como crítico dos roles sociais, as normas e os ideais. Interesouse, así mesmo, polos temas espirituais, como a [[parapsicoloxía]] e a [[filosofía]] mística, sobre as que escribiu varios libros. Ao final da súa vida Huxley era considerado como un líder do pensamento moderno.
 
==Traxectoria==
Aldous Huxley naceu o [[26 de xullo]] de [[1894]] en Godalming, [[Inglaterra]]. Foi o terceiro fillo do escritor [[Leonard Huxley]] e da súa primeira esposa, [[Julia Arnold]]. Neto de [[Thomas Henry Huxley]] ([[1825]]-[[1895]]),soado naturista, editor de [[Charles Darwin]], irmán de [[Julian Huxley]] [[Premio Nobel]] en [[1963]] e primeiro director da [[UNESCO]], era parente do escritor [[Thomas Arnold]], do crítico [[Matthew Arnold]] e de Humphry Ward, quen foi unha verdadeira nai para Aldous cando este perdeu á súa.
 
Aldous era un mozo estudioso e cunha xenerosa intelixencia. Ao ser o seu pai biólogo, empezou a súa aprendizaxe no seu [[laboratorio]], logo continuou os seus estudos nunha escola chamada Hillside, onde a súa nai traballou ata que caeu doente.
 
A súa nai, Julia, morreu en [[1908]], cando Aldous tiña tan só 14 anos, logo a súa irmá Roberta morreu no mesmo mes. Tres anos despois, Aldous contraeu [[queratite|queratite punctata]] e iso danou a súa vista seriamente. O seu irmán maior, Noel, suicidouse en 1914. Cando estalou a Primeira Guerra, os seus problemas de visión evitaron o seu illamento. Huxley, prestou o seu servizo, voluntariamente, cortando leña, traballando nunha oficina do Ministerio de Aviación e ditando clases. Ao recuperarse da súa [[enfermidade]] visual, puido ingresar na [[Universidade de Oxford]].
 
===Comezos literarios===
Liña 16:
Moi preocupado polos trastornos que experimenta a civilización occidental, escribe, durante os anos 30, interesantes libros que tratan da grave ameaza que representa a maridanza do poder co progreso científico. Escribe, así mesmo, contra a guerra e o [[nacionalismo]] ''Eyeless in Gaza''.
 
As súas previsións respecto da futura evolución da tecnoloxía e a sociedade mediática do [[século XX]] acharon a súa expresión en [[Un Feliz Mundo Novo]], onde suscitaba un sistema de castes, control e dominación exercido para manter a orde e a [[felicidade]].
 
Pasou longas tempadas en Italia durante os anos 30, ata que en 1937 foise a California, do mesmo xeito que ao seu amigo [[Gerald Heard]], foille denegada a cidadania debido a que se negou a declarar que o seu [[pacifismo]] proviñese dalgún ente relixioso.
 
En 1938 Aldous coñeceu a [[Jiddu Krishnamurti]], do cal admirou os seus ensinos. Converteuse á relixión [[Vedantista]], e introduciu a [[Christopher Isherwood]] no seu círculo. Tempo despois escribiu o seu libro [[Filosofía Perenne]] con valores espirituais e ideas místicas.