John William Strutt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: nl:John William Strutt
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: hu:John William Strutt; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Lord Rayleigh.jpg|right|thumb|John William Strutt]]'''John William Strutt''', terceiro Barón de '''Rayleigh'''. (n. [[Langford Grove]], [[Essex]], [[12 de novembro]] de [[1842]] - † [[Witham]], Essex, [[30 de xuño]] de [[1919]]) foi un [[física|físico]] e profesor universitario [[Gran Bretaña|británico]] galardoado co [[Premio Nobel de Física]] en [[1904]].
 
== Biografía ==
En [[1873]], á morte do seu pai, John James Strutt, herdou o título de barón. Nos primeiros anos da súa vida sufriu fraxilidade física e mala saúde.
 
Liña 8:
En [[1887]] trasladouse a [[Londres]], onde foi profesor de [[filosofía]] natural da Real Institución ata [[1905]]. Foi tamén secretario da Real Sociedade de Londres ([[1887]]-[[1896]]) e presidente da mesma ([[1905]]-[[1908]]). Desde [[1892]] ata [[1901]] actuou como gobernador do condado de Essex por expreso desexo do rei e foi chanceler da Universidade de Cambridge desde [[1908]] ata [[1919]].
 
== Investigacións científicas ==
 
As primeiras investigacións de Rayleigh recóllense na súa obra ''The Theory of Sound'' (2 vols., 1877-78), na que se describe un novo procedemento para medir as vibracións acústicas. No campo da [[óptica]] realizou unha serie de traballos sobre a [[polarización]] da luz, contribuíu á teoría da [[radiación]] do corpo negro e logrou dar unha explicación da cor azul do ceo. Ademais foi o responsable da determinación de unidades eléctricas de medida e realizou traballos sobre a [[luz]], a [[cor]], a [[electricidade]], a [[dinámica da resonancia]], as [[vibración|vibracións]]s de gases e sólidos elásticos.
 
Tamén fixo estudos acerca da [[capilaridade]] e do [[electromagnetismo]] e achegou ideas á teoría da formación e estabilidade das veas líquidas. Pero probablemente o seu labor científico máis importante consistiu na coidadosa determinación das densidades dos [[gas]]es atmosféricos. Buscando unha explicación á diferenza de densidades do [[nitróxeno]] do aire e do obtido a partir do [[nitrato amónico]], descubriu, en colaboración con Sir [[William Ramsay]], o elemento [[argon]] ([[1894]]).
Liña 16:
Ingresou na Orde do Mérito con motivo da coroación de [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo VII]] e en [[1904]] foi galardoado co [[Premio Nobel de Física]] ''polas súas investigacións sobre a densidade dun bo número de gases así como polo descubrimento do argón''.
 
== Recoñecementos ==
Na súa honra denominouse o "cráter Rayleigh" da [[Lúa]] e o "cráter Rayleigh" de [[Marte (planeta)|Marte]].
 
== Ligazóns externas ==
*[http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1904/index.html Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1904] (en inglés)
 
Liña 48:
[[hr:John William Strutt Rayleigh]]
[[ht:Lord Rayleigh]]
[[hu:LordJohn RayleighWilliam Strutt]]
[[id:John William Strutt, 3rd Baron Rayleigh]]
[[io:John William Strutt Rayleigh]]