Lewis Carroll: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Fillo de Charles Carroll, pastor anglicano, naceu en [[Daresbury]], [[Cheshire]]. Cando tiña 11 anos a familia trasladouse a [[Croft-on-Tees]], [[Yorkshire]]. Educado polo seu pai, non foi á escola ata que tiña 12 anos, cando ingresou na prestixiosa [[Rugby School]] ata 1850, ao ano seguinte marcha a estudar a [[Oxford]], ao remate dos seus estudos converteuse en profesor de matemáticas de Christ Church, un dos colexios universitarios de Oxford. En 1854 comeza a enviar relatos a poemas a revistas literarias como ''The Comic Times'' e ''The Train'', e en [[1856]] utiliza por vez primeira o pseudónimo de Lewis Carroll.

Ordenado diácono en [[1861]], o [[4 de xullo]] de [[1862]] acompañou nun paseo polo [[Támesis]] a [[Alice Liddell]] e ás súas dúas irmás Lorina e Edith, fillas de Henry Liddell, deán do Christ Church. Acompañábao o tamén reverendo Robinson Duckworth, no decurso dese paseo Carroll contoulles ás rapazas un conto, como facía decote, pero diante o entusiasmo das repazas e diante a petición de Alice para que o escribise fíxoo e en febreiro de 1863 deulle un manuscrito co título de ''Alice's Adventures Under Ground'' (''As aventuras de Alicia no sochán''), que o propio Carroll destruíu para lle regalar un exemplar máis elaborado no nadal de ''1864'', e tamén fixo unha copia para os fillos do seu amigo [[George MacDonald]], e por suxerencia del animouse a publicalo nunha edición que pagou pola súa conta, con ilustracións de [[John Tenniel]] co título de ''Alice's Adventures in Wonderland'' (''Alicia no país das marabillas''). Os 2.000 exemplares da edición esgotáronse axiña, e o libro converteuse nun éxito internacional (a primeira tradución para o galego data de [[1984]]).
 
En [[1871]] publicou ''Alicia do outro lado do espello'' (''Through the Looking-Glass and what Alice Found There''), continuación de ''Alicia no país das marabillas''. En [[1876]] editou o poema épico ''A caza do Carbairán'' (''The Hunting of the Snark''). ''Silvia e Bruno'' a súa última novela,publicouna en dous volumes, en [[1889]] e [[1893]].