Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
En [[Dereito]], denomínase '''herdanza''' ao acto xurídico mediante o cal unha [[persoa física|persoa]] que falece traspasa os seus [[ben]]s, [[dereito subxectivo|dereitos]] e [[obrigación|obrigacións]] a outra ou outras persoas, que se denominan herdeiros. Así, enténdese por herdeiro a persoa física ou xurídica que ten dereito a unha parte dos bens dunha herdanza.
 
O herdeiro pode ser o que como tal figura nun [[testamento]], ou ben, aqueles a quen ou quen a [[lei]] recoñece tal condición legal, xa sexa por ausencia de testamento, ou por aplicación de normas imperativas como as [[lexítima]]s.
 
==Facultades do herdeiro==
Ao herdeiro a lei atribúelle diversas facultades, entre elas:
 
#*Aceptar ou renunciar á herdanza, ou aceptala a beneficio de inventario.
#*Dispor por actos ''[[inter vivos]]'' ou ''[[mortis causa]]'' da mesma, aínda antes de entrar na súa posesión.
#*Lexitimidade para impugnar o testamento, oporse ao mesmo e cantas accións xudiciais considere necesarias para defender os seus dereitos.
 
==Outras acepcións==
Tamén se denomina '''herdanza''', por extensión, ao conxunto de [[ben]]s, dereitos e [[obrigación|obrigacións]] que se traspasan. Este conxunto de bens e dereitos en ocasións recibe o nome de ''caudal hereditario (caudal relictio)''. O caudal hereditario fórmao o [[patrimonio]] do causante no momento da morte, eliminando aqueles bens, dereitos e obrigacións que se extinguen polo feito da morte (dereitos e obrigacións personalísimas, por exemplo). Este caudal relaciónase no inventario de bens co seu correspondente pasivo.
 
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Contrato de doazón|Doazón]]
* [[Legado]]
[[Categoría:Dereito de sucesións]]
[[Categoría:Antropoloxía]]
 
[[ca:Herència]]
[[cs:Dědictví]]
42.419

edicións