Diferenzas entre revisións de «Lingua»

+ligazón
m (a maioría das linguas de Nova Guinea manteñen a súa vitalidade, certo algunhas desapareceron e outras están perdendo falantes)
(+ligazón)
{{Outroshomónimos|Lingua (homónimos)}}
 
Unha '''lingua''' é un sistema de [[signo]]s [[lingüística|lingüísticos]] incluíndo tamén sons, acenos e símbolos escritos que permite a [[comunicación]] entre os individuos dunha comunidade lingüística. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos [[Dupla articulación da linguaxe|dobremente articulados]], é dicir, que a construción do sentido faise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, [[morfema]]s, [[lexema]]s, [[monema]]s, formando os [[enunciado]]s, e logo o das unidades distintivas de sentido (os [[fonema]]s), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: [[fonoloxía]], [[morfoloxía]] e [[sintaxe]]. André Martinet precisa que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara o primeiro (a combinatoria das unidades significantes).
 
Distínguese en xeral a lingua (sistema de signos) e a [[linguaxe]] (facultade humana posta en acción por meio de tal sistema). Distínguese de igual xeito, tras [[Ferdinand de Saussure]], a lingua e a palabra (é dicir, o uso efectivo do sistema da lingua polos locutores).
40.228

edicións