Diferenzas entre revisións de «Lemosina»

m
bot Engadido: lt:Limuzinai; cambios estética
m (bot Engadido: es:Limousin (raza bovina))
m (bot Engadido: lt:Limuzinai; cambios estética)
A '''lemosina''' é unha [[Razas de vacún|raza]] de [[vaca|vacún]] orixinaria da rexión francesa do [[Lemosín]]. Está especializada na produción de [[carne]]. En Galiza é frecuente coñecela co nome de ''limusina''.
 
== Características ==
A simple vista resulta complicado diferenciar unha vaca lemosina dunha [[rubia galega]], articularmente nas femias. Son vacas de tamaño medio, un pouco maiores cás rubias, de cor rubio, agás ao redor dos [[ollo]]s e do [[fociño]] e na punta do [[rabo]], onde clarean algo. As femias adultas pesan sobre 650 kg mentres os touros se achegan aos 1.000 kg.
 
Está afeita a pasto mediocre, propio de [[solo]]s ácidos e [[granito|graníticos]] e soporta ben a altitude (ao redor dos 1.000 m).
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Vache-de-race-limousine-en-correze-2.jpg|thumb|220px|Becerra lemosina en [[Corrèze]]]]
Non é necesario remontarse ás [[pintura rupestre|pinturas rupestres]] das covas de [[Lascaux]], próximas ao [[Lemosín]], para demostrar a presenza de [[bóvido]]s na rexión. As primeiras referencias desta raza rubia no [[século XVIII]] cando se empregaban como animal de tiro para o [[transporte]] de [[mercadoría]]s entre [[París]] e [[Bordeos]]. O libro de rexistro da raza abriuse o [[18 de novembro]] de [[1886]].
O primeiro obxectivo da [[mellora xenética]] foi aumentarlle o tamaño, sen moito éxito, e a raza entra en decadencia a mediados do [[século XX]]. Porén, nos anos 60 redescúbrese o seu potencial como vaca produtora de carne, o que fai aumentar o número de cabezas. Actualmente, en [[Francia]] hai 900.000 cabezas de lemosina, e é a segunda vaca en produción de carne por detrás da [[charolesa (vaca)|charolesa]] e por diante da [[rubia aquitana]]. Está amplamente distribuída por Francia, pero tamén está presnte en 70 países de todas as latitudes, e fundamentalmente en [[Arxentina]], os [[Estados Unidos]], [[Gran Bretaña]] e [[Australia]]. En [[1973]] creouse unha asociación internacional de promoción da raza lemosina, o ''International Limousin Council''.
 
== Rendibilidade ==
Ademais de ser unha boa vaca de carne, ten unha gran fertilidade e lonxevidade, co que a súa produción de becerros é longa no tempo. A carne é fina e tenra, e aproveitábel a distintas idades dos becerros, o que lles permite aos [[gandaría|gandeiros]] un maior control dos rendementos da explotación.
 
== Véxase tamén ==
*[[Razas de vacún]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.limousine.org/Default.asp Web dos criadores de lemosina franceses]
* [http://www.limousin-international.com/ O International Limousin Coucil]
[[fr:Limousine (race bovine)]]
[[is:Limousin (nautgripakyn)]]
[[lt:Limuzinai]]
[[nl:Limousin (rund)]]
[[no:Limousin (storferase)]]
76.436

edicións