Emilio Pérez Touriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
lig int
Liña 18:
'''Emilio Pérez Touriño''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[8 de agosto]] de [[1948]], é o presidente de [[Galicia]] dende o [[2 de agosto]] de [[2005]]. Foi o Secretario Xeral do [[PSdeG]] dende [[1998]] ata o [[2 de marzo]] de [[2009]].
 
==Traxectoria==
Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de [[Grenoble]], [[Francia]]. É doutor en Ciencias Económicas e profesor da [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.
 
Durante a transición democrática foi dirixente estudantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía de Galicia]] e nos [[Pactos do Hostal]] que o posibilitaron.
 
Entrou na política da man de [[Abel Caballero]] cando este era ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. En [[1994]] Roldán acusouno de ter intervido no pagamento de comisións, polo que renunciou aos seus cargos políticos, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96.
 
En 1998 substituíu a [[Francisco Vázquez Vázquez|Paco Vázquez]] como secretario xeral do PSdGPSdeG. As relacións entre os dous políticos non son moi boas debido á oposición deste último a chegar a calquer acordo co [[BNG]]. No último Congreso do PSOE perdeu o posto que tiña na Comisión Executiva Federal, pero conta, en principio, co respaldo do secretario de organización, Xosé Blanco. A súa liña ideolóxica é [[Galeguismo (política)|galeguista]], [[socialdemócrata]] e federal.
 
Dende o 2 de agosto de 2005 encabezou un goberno de coalición co BNG que aspirou a reformar o [[Estatuto de Autonomía de Galicia]].