Vella fritindo ovos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Remato artigo
Liña 5:
==A técnica==
Este cadro, ao igual que outros realizados na primeira época de Velázquez, está influenciado polo [[claroescuro]]; un foco de luz, que ten a súa orixe na parte esquerda do lenzo, ilumina a parte dereita do cadro, é dicir, á anciá, aos seus útiles e aos ovos que está a fritir, deixando escuro o resto de cadro, o fondo e o neno. Este claroescuro é moi intenso, de xeito que é difícil apreciar a parede que se atopa ao fondo do cadro, a cal só é posible identificar porque ten unha cesta colgando dela.
 
O realismo do lenzo é case fotográfico, Velázquez pon especial énfase en que os obxetos destaquen neste exemplo de [[bodegón]], no que aparecen pratos, vasixas, potas, morteiros e xarras, destacando así o brillo especial do cristal ou a influenza da luz no melón que porta o rapaz. A fritura da vella está incriblemente lograda, tanto que semella que o aceite fervendo está a saltar diante dos ollos do espectador.
 
Os pés e as mans son as partes máis expresivas do corpo e, observando detidamente o lenzo, apréciase que o pintor traballou as mans da vella con moito detalle, ao igual que acontece coas mans do rapaz, que suxeita o melón e a vasixa.
 
O emprego de personaxes populares é recurrente nas pinturas da primeira época de Velázquez, chegando a utilizar modelos do seu entorno familiar en moitos casos; así por exemplo, a muller que aparece sita neste cadro aparece tamén na obra ‘’[[Cristo en casa de Marta e María]]’’.
 
O lenzo destaca asemade polas súas cualidades tenebristas, altos contrastes de luces e sombras, ao mesmo tempo que Velázquez fai uso de tonalidades clásicas e tenues, amosando un claro predominio das cores ocres e pardas. O virtuosismo do pintor queda patente nos detalles, coma o xeito de plasmar a natureza morta, as mans da vella e os obxectos acortados segundo as regras da perspectiva.
 
A escena de organización oval, na que aparecen medias figuras en planos moi próximos, introduce ao espectador na acción conxelada.