Luc Besson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Remato traxectoria
Liña 9:
 
Besson traballou en numerosas produccións co actor francés [[Jean Reno]], que interpretou entre outros o papel principal en ''[[Léon]]'' ([[1994]]), filme que supuxo o descubrimento de [[Natalie Portman]]. Asemade, Besson destaca pola colaboración que fai nas bandas sonoras xunto a [[Eric Serra]], que compón a música das súas obras. A custosa producción de ciencia ficción ''[[The Fifth Element]]'' ([[1997]]), con [[Bruce Willis]] e [[Milla Jovovich]] nos papeis principais, foi un grande éxito de taquilla. En [[1999]] rodou ''[[Jeanne d'Arc]]'', unha película de corte histórico que recrea a vida da [[Doncela de Orleans]].
 
Co filme ''[[Arthur et les Minimoys]]'' ([[2006]]), Besson rodou a historia de catro volumes que el mesmo escribiu. Na versión inglesa contou coas voces de [[Madonna]], [[Snoop Dogg]] e [[David Bowie]], entre outros.
 
En [[2007]] escribiu o guión de ''[[Taxi 4]]'' e participa coma productor no filme ''[[Flora Plum]]'' ([[2010]]), dirixido por [[Jodie Foster]].
 
No ano [[2000]] fundou a empresa ''Europacorp'' para producir e distribuir filmes a nivel internacional. Asemade, está interesado en crear unha fundación para axudar aos rapaces dos suburbios franceses.
 
 
{{sencat}}