Bobby Charlton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ga:Bobby Charlton
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: th:บ๊อบบี้ ชาร์ลตัน; cambios estética
Liña 33:
 
 
== Os comezos ==
 
Un dos seus tíos, o central do [[Newcastle United F.C.|Newcastle United]] [[Jackie Milburn]] era futbolista profesional, mais a súa primeira adestradora foi a súa nai Cissie. O seu irmán maior [[Jack Charlton|Jack]] traballaba nas minas e tentaba entrar na policía antes de facerse futbolista.
Liña 41:
Charlton converteuse nun dos famosos [[Busby Babes]], un cadro de xoves talentos que emerxeron das categorías inferiores do clube nos anos 40,50 e 60, un plan a longo prazo concebido por [[Sir Matt Busby]] para reconstruí-lo equipo tra-la [[Segunda Guerra Mundial]]. O seu debut co primeiro equipo prodúcese contra o [[Charlton Athletic F.C.|Charlton Athletic]] en outubro de 1956. Neses intres andaba a face-lo servizo militar en [[Shrewsbury]] xunto cun compañeiro de equipo [[Duncan Edwards]]. Os dous xogadores libraban o fin de semana para poder desputa-los encontros do equipo.
 
== Entrando no primeiro equipo ==
Charlton participou en 14 encontros co United naquela primeira tempada. Gañaron o título de liga, mais perderon na final da [[FA Cup]] contra o [[Aston Villa F.C.|Aston Villa]], quedando así a piques de alcanza-lo dobrete.
 
Na tempada seguinte Charlton xa era un fixo nas aliñacións do equipo, e ese ano chegaron ás semifinales da [[Liga de Campións|Copa de Europa]], onde perderon co [[Real Madrid]]. Deste xeito o United comezou a facerse un nome en Europa. Hai que lembrar que naqueles tempos ningún equipo inglés lograra a vitoria final nunha competición europea de clubes.
 
== O accidente aéreo de Múnic ==
{{Artigo principal|Accidente de Múnic}}
O [[5 de febreiro]] de [[1958]], o [[voo chárter]] que levaba os xogadores e o cadro técnico do United dende o [[aeroporto de Zemun]] ata [[Manchester]] parou na cidade de [[Múnic]] para repostar. O tempo foi empeorando, e para cando a repostaxe rematou o avión tentou o despegue por dúas veces, sen conseguilo, ao abortar o piloto as manobras por un ruído que non foi capaz de identificar. Os pasaxeiros tiveron que desembarcar de novo algo antes das tres da tarde e ás 3.04 minutos iniciábase o terceiro despegue. [[Tommy Taylor]] e [[David Pegg]] pedíronlles a Charlton e a [[Dennis Viollet]] troca-los asentos, xa que se sentían máis seguros indo na parte de atrás do avión.
 
Por causa dunha racha de [[auganeve]] ao final da pista de despegue, o avión perdeu velocidade e foi bater contra unha casa e un camión de combustible. Rompeu á metade. Charlton, que estaba con cinto de seguridade no seu asento, saíu despedido cara fóra. Charlton sufriu cortes na testa en un severo [[shock]], polo que estivo unha semana no hospital. Sete dos seus compañeiros pereceron no accidente, incluidos Taylor e Pegg. O capitán [[Roger Byrne]] tamén morreu xunto con [[Mark Jones|Mark Jones]], [[Liam Whelan|Billy Whelan]], [[Eddie Colman]] e [[Geoff Bent]]. [[Duncan Edwards]] faleceu dous días despois a causa das feridas. En total o sinistro cobrou 24 vidas.
 
O propio Charlton foi o primeiro supervivinte en deixa-lo hospital. Voltou a Manchester o [[14 de febreiro]] de [[1958]], oito días logo do accidente. Durante un tempo estivo recuperándose cun equipo de xuvenís. Tiña só 20 anos e había unha grande expectación por saber se participaría na reconstrución do clube. Nestas circunstancias, o United foi eliminado na Copa de Europa polo [[AC Milan]] en semifinais, e comezou a perder posicións na liga. De calquera xeito si chegaron á final de [[Copa de Inglaterra de fútbol]], onde saíron derrotados 2-0 polo [[Bolton Wanderers F.C.|Bolton Wanderers]].
 
== Heroe do Manchester United e de Inglaterra ==
 
Charlton foi chamado para xogar coa [[Selección de fútbol de Inglaterra|selección]] por vez primeira para un encontro contra a [[Selección de fútbol de Escocia|Escocia]] no estadio de
Liña 71:
Agora a selección era adestrada por [[Alf Ramsey]], que fixo un equipo en torno a Charlton, que xogaba de medio atancante con liberdade para chegar á meta contraria. No mundial que estaba a piques de xogarse, agardábase que destacara coma un dos mellores futbolistas do mundo.
 
== O éxito de 1966 ==
O encontro de apertura do torneo, contra [[Selección de fútbol de Uruguai|Uruguai]], foi o 69 para Charlton con Inglaterra e rematou cun empate a cero. A continuación enfrontáronse con México e eiquí Bobby Charlton anotou un dos goles máis famosos da súa carreira.
 
Liña 84:
O irmán maior Bobby, [[Jack Charlton]] tamén participou nese encontro, sendo un dos centrais xunto a [[Bobby Moore]].
 
== Gloria Europea ==
 
O seguinte encontro internacional foi o seu número 75, one Inglaterra derrotou a [[Selección de fútbol de Irlanda do Norte|Irlanda do Norte]]. Estaba só a dous de se-lo segundo xogador máis veces internacional coa selección do seu país.
Liña 98:
En 1969, é premiado ca [[Order of the British Empire|OBE]] polos seus servizos ao fútbol
 
== Mundial 1970 e Retiro do Fútbol ==
A [[Selección de fútbol de Inlgaterra|inglaterra]] comezou o torneo con dúas vitorias e unha memorable derrota contra o [[Selección de fútbol de Brasil|Brasil]] no grupo. Charlton desputou os tres encontros, mais foi susbstituido contra [[Selección de fútbol de Checoslovaquia|Checoslovaquia]] para darlle repouso cara os cuartos de final.
 
Liña 107:
O Manchester United estaba a grandes dificultades a comezos dos anos 70, loitando contra o descenso na liga, e con problemas no vestiario, xa que o propio Charlton e outras estrelas da escadra coma [[George Best]] e [[Denis Law]] non se falaban. Finalmente ao remate da tempada 1972-73, Charlton abandona o clube, deixando para a historia 752 encontros desputados e 247 goles, marca que aínda segue sen superarse ata o día de hoxe.
 
== Despois do Fútbol ==
Charlton converteuse en adestrador-xogador do [[Preston North End F.C.|Preston North End]] en [[1973]], contando coa axuda do seu compañeiro no United e na selección [[Nobby Stiles]], tamén coma adestrador-xogador. A única tempada que estivo alí non foi foi moi exitosa, e decidiu retirarse. De tódolos xeito ese mesmo ano foi premiado coa [[Order of the British Empire|CBE]].
 
Nesta nova etapa, adicouse ós negocios en varias áreas, coma viaxes, xoiería e tamén abríu escolas de fútbol no [[Reino Unido]], [[E.U.A.]], [[Canadá]], [[Australia]] e [[China]]. En 1984 invitárono a unirse ó equipo de directores técnicos do United, posto no que segue ata hoxe.
 
Recibiu o título de [[knighthood|cabaleiro]] en 1994 e foi unos dos xogadores incluidos no [[English Football Hall of Fame]] cando este se inagurou no ano [[2002]]. Acerca disto comentou ''“Estou moi orgulloso de estar no "National Football Museum’s Hall of Fame". É unha grande honra. Se te fixas nos nomes incluídos, teño que dicir que non podo discutir ningún. Todos don grandes xogadores e persoas e estou encantado de ter xogado con eles”''. Tamén é presidente de honra do [[National Football Museum]], unha organización da que dixo ''“Non son quen de maxinar un museo mellor”''.
 
== Miscelánea ==
Coñeceu á súa muller Norma nunha pista de xeo en Manchester no ano 1959 e casaron dous anos despois. Teñen dúas fillas - [[Suzanne Charlton|Suzanne]] e Andrea - a primeira das cales fai espazos de predición do tempo na [[BBC]].
 
== Referenzas ==
 
"Manchester United: The Betrayal of a Legend" por Crick, Michael e Smith, David. Editado por Pan Books en 1990.
 
== Ligazóns externas ==
(todas en inglés)
* [http://fifaworldcup.yahoo.com/06/en/p/cp/eng/charlton.html FIFA World Cup: Bobby Charlton]
Liña 169:
[[sk:Bobby Charlton]]
[[sv:Bobby Charlton]]
[[th:บ๊อบบี้ ชาร์ลตัน]]
[[tr:Bobby Charlton]]
[[vi:Bobby Charlton]]