Papamoscas paporrubio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Pexego (conversa | contribucións)
m orto
Liña 61:
=== O niño ===
 
Fan os niños en furados, ocos e nichos máis ou menos pechados. De cotío aproveitan feridas nas árbores, producidas ó separarse partes da casca ou niños de [[peto pequeno]] ou de [[ferreiriño negro]]. Á veces fan niños libres en xeito de cunca en sitios axeitados entre os ramallos e foron vistos niños en furados da rocha. Raras veces usan niños artificiais. Aínda que non se pode dicir que escollan especies de árbores determinadas, se cadra amosan certa preferencia polas [[faia]]s e os [[tileiro]]s. <ref> Mitrus & Socko (2004) </ref>. Os niños están construídos a alturas variables, dende preto do chan ós 20 m. e máis de altura. O niño é construído case exclusivamente pola femia, colaborando o macho só os primeiros días con aportes de material. Os niños construídos en sitios abertos son construcións ben tecidas con xeito de cunca. Os que están dentro de buratos son acumulacións menos compactas e máis voluminosas de materiais coma musgobrión, poliñas moi finas, pallas, [[fieito]]s e mesmo follas secas. Na construción entran tamén teas de [[araña]], seda de [[larva]]s, pelos e ás veces plumas.
 
===Posta e incubación===