Lei de Unión (1707): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sk:Zákony o únii (1707); cambios estética
Liña 8:
* Segundo, disolver os parlamentos nacionais e establecer un [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento de Gran Bretaña]], que funcionou no [[Palacio de Westminster]].
 
== Antecedentes ==
Aínda que existiron intentos en [[1606]], [[1667]] e [[1689]] de unir aos países por medio de leis, estas nunca chegaron a consumar unha unión social, económica e cultural que viña dando desde facía anos. O principal interese de [[Inglaterra]] de levar a cabo a unificación era asegurar a sucesión [[Protestantismo|protestante]] no trono, da forma que sinalaba a [[Lei de Instauración]] de [[1701]] que excluía aos [[Igrexa católica|católicos]] de asumir como [[Monarquía británica|reis ou raíñas]]. Isto era diferente en [[Escocia]], que en [[1703]] adoptara a Lei ou Acta de Seguridade, que só aseguraba a presenza dun monarca protestante, sen que necesariamente fose o herdeiro da [[Casa de Hannóver]].
 
Polo lado de Escocia, a unión permitiría por unha banda, utilizar parcialmente os subsidios ingleses para recuperarse da crise financeira provocada polo ''proxecto Darién'' (o infrutuoso intento do Reino de Escocia de establecer unha [[Colonialismo|colonia]] no istmo de [[Panamá]]). Tamén esta unión permitiría eliminar as sancións económicas impostas pola Lei Estranxeira de [[1705]].
 
== Tramitación ==
=== Escocia ===
A Lei (ou tratado como era chamado en Escocia) consistía en 25 artigos, dos cales 15 referíanse a materias económicas. Cada un deles foi votado por separado, e a discusión acerca de varias normas foi derivada a comisións especializadas. O artigo primeiro fundábase en principio político da unificación das coroas e foi aprobado o [[4 de novembro]] de [[1706]]. Co fin de minimizar a oposición da [[Igrexa de Escocia]], unha cláusula foi establecida para asegurar ao [[clero]] [[Presbiterianismo|presbiteriano]]. O tratado en xeral foi aprobado o [[16 de xaneiro]] de [[1707]] por unha maioría de 110 votos contra 67.
 
Liña 23:
Parte da normativa aprobada establecía o envío de membros da liñaxe escocesa á [[Cámara dos Lores]] como Lores Representantes. Doutra banda a Igrexa de Escocia permanecería sen cambios, do mesmo xeito que o Tribunal Superior que seguiría como tribunal superior (ata o día de hoxe). Tamén se recoñecía o [[Acta de Establecemento]] como norma sucesoria, coa súa prohibición aos católicos de acceder ao trono. Tamén se estableceu a unión aduaneira e monetaria. Desta forma Escocia retivo a súa independencia en materia legal, relixiosa e educativa.
 
=== Inglaterra ===
A tramitación no palacio de Westminster foi moito máis tranquila que en Escocia. O [[Parlamento]] atopábase dominado pola facción [[whig]] que apoiaba o establecemento da [[Casa de Hannóver]]. Pola súa banda, as obxeccións dos [[tory|tories]] foron máis contra a unión masiva cun país predominantemente presbiteriano, sendo que Inglaterra era maioritariamente [[anglicanismo|anglicana]]. A pesar disto, a cláusula que aseguraba a relixión en Escocia fora aprobada previa e especialmente para proseguir nos pasos da unión.
 
== Repercusións ==
A Lei de Unión nunca foi popular en Escocia. Ao contrario, a maior parte da poboación opúñase a ela, e enviáronse reiteradas peticións en contra ao Parlamento. O día da súa aprobación efectuáronse protestas masivas en contra da lei en [[Edimburgo]] e outros pobos e cidades, ademais de escenas de desobediencia civil que foron respondidas coa imposición da [[lei marcial]]. O xacobita George Lockhart, o único membro da comisión negociadora escocesa que era contrario á unión, sinalou que ''"toda a nación parece contraria á unión"''. Ata o prol-unionista John Clerk foi do parecer que o tratado era contrario á opinión de tres cuartas partes dos escoceses. O xornalista e espía inglés [[Daniel Defoe]] informou a [[Londres]] sobre a gravidade e violencia das protestas contra o tratado. "''a chusma escocesa é a peor da súa clase''" informou, sinalando tamén que "''por cada escocés a favor había 99 en contra''". A opinión pública foille remisa desde todo punto de vista, enviando mensaxes desde as parroquias, capelas e aldeas. A Convención de Aldeas Reais tamén protestou. Finalmente ningunha moción de apoio ao tratado chegou ao parlamento.
 
== Efectos posteriores ==
Para consolo dos opositores da unión, o prometido "''milagre económico''" non chegou pronto. A unión aduaneira impuxo novas cargas tributarias á economía de Escocia, mentres que impostos específicos (como á malta) foron aprobados a pesar da súa oposición. A eliminación do Consello Privado Escocés do Rei foi moi mal visto, do mesmo xeito que a extensión a Escocia da severa lei de traizón. Ante estes feitos, un par propuxo a disolución da Unión en [[1713]], e esta resolución foi rexeitada só por catro votos.
 
== Bibliografía ==
* Speck, William Allen ''Historia de Gran Bretaña'' ISBN 05214780490-521-47804-9 (Cambridge University Press, 1996)
 
[[Categoría:Historia de Escocia]]
Liña 61:
[[sco:Treaty o Union 1707]]
[[simple:Acts of Union 1707]]
[[sk:Zákony o únii (1707)]]
[[sv:Acts of Union 1707]]
[[th:พระราชบัญญัติสหภาพ ค.ศ. 1707]]